11 nov 2023

A Xunta agradece o labor dos concellos do Camiño Francés nestes 30 anos como Patrimonio da Humanidade

Mancomunidade

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, agradeceron aos Concellos do Camiño Francés o seu esforzo e compromiso nestes 30 anos desde que o itinerario Xacobeo foi recoñecido como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Así o manifestaron no transcurso dos actos de conmemoración que organizou  a Mancomunidade de municipios do Camiño Francés en Madrid con motivo desta efeméride. O director de Turismo de Galicia salientou “os importantes pasos dados nestas tres décadas grazas ao intenso labor dos concellos, que son a esencia da ruta xacobea”.
 
Puxo de manifesto, ademais, os retos e oportunidades actuais, nun momento no que a peregrinación “está a medrar nos distintos itinerarios”, para o que, como explicou, a Xunta conta cunha folla de ruta, o Plan Director dos Camiños de Santiago, por máis de 100M€ para mantemento, conservación e promoción das rutas xacobeas.
Arriba