Detalle da nova

Atopáronse 1493 novas relacionadas coa súa busca:

23/02/18

The Killers, Lenny Kravitz, e Jamiroquai encabezan o cartel do festival O son do Camiño que acollerá o parque Monte do Gozo

Santiago de Compostela será a sede deste evento musical que terá lugar do 28 ao 30 de xuño e que contará cunha trintena de artistas de renome internacional, que en moitos casos visitan Galicia por primeira vez, e de grupos galegos de referencia

Programaranse, ademais, seis concertos en cada unha das principais cidades da Comunidade
 
Polos dous escenarios do recinto, con capacidade para 24.000 asistentes por día, pasarán, entre outros, Martin Garrix, Two Door Cinema Club, Franz Ferdinand, Mando Diao, León Benavente, The Gift, C. Tangana, La M.O.D.A., Carlos Sadness, Toundra, The Last Internationale, Talisco, Morgan, Rufus T. Firefly e Plya
 
A música galega terá unha destacada representación no cartel con Novedades Carminha, Triángulo de amor bizarro, Eladio y los seres queridos, Arce, Malandrómeda, Bala, Furious Monkey House, True Mountains e Agoraphobia
 
‘O son do Camiño’ contribuirá a dar a coñecer ao mundo a chegada do Xacobeo 2021, promoverá a imaxe de Galicia a través dun dos seus principais activos,  reforzará o tecido empresarial e cultural e xerará un notable impacto no turismo 
 

22/02/18

O turismo comeza 2018 en Galicia cos mellores datos da última década e afianza o proceso de desestacionalización

 As pernoitas hoteleiras subiron en xaneiro un 5,4% na nosa Comunidade e rozaron as 300.000, fronte ao incremento menor, do 1,3%, no conxunto do Estado

 
A demanda do turismo nacional aumentou un 11%, mentres que a internacional medrou un 9,3% e acada o seu maior peso no primeiro mes do ano
 
A estadía media elevouse un 4%, ao igual que a ocupación, as tarifas hoteleiras e a rendibilidade do sector, que experimentaron notables melloras xeneralizadas
 
Arriba