19 May 2020

WEBINAR: “ESTRATEXIAS DE PREPARACIÓN HOTELEIRA Y HOSTELEIRA PARA A REAPERTURA”

 

 

 

 

 

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do  CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, en colaboración co CSHG Alumni presenta unha xornada, en modalidade de teleformación, para que os hosteleiros dispoñan de estratexias ante a reapertura dos seus negocios trala crise do COVID-19.

A idea deste Webinar é analizar aquilo que debo de facer para situar o meu negocio no novo mercado que se nos abre. Trátase de estudar con detemento cada unha das áreas de posicionamento dun activo dende o punto de vista estratéxico. Unha vez que se reactive a actividade empresarial, atoparémonos ante un novo reto, un novo mercado e unhas novas necesidades e a máis grande de todas será a de volver situar o activo na velocidade cruceiro de rendibilidade e coa maior das eficiencias posibles.

Obxectivo:
Dar as ferramentas necesarias para realizar unha eficiente configuración do meu establecemento para esta “reapertura” que nos espera.

DATA: Martes, 19 de maio  ás 11:00  horas

Nº PRAZAS: 200

RELATOR: Jesús Rodríguez Maseda
Director de Xestión de Activos hosteleiros en Horwath HTL. Profesional con máis de 15 anos de experiencia en todos os ámbitos da xestión: Dirección de Hoteis, Dirección Corporativa, Emprendimiento Empresarial no sector turístico e Experto Consultor nas liñas de Retal e Xestión de Activos hostaleiros. Titulado polo CSHG con Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras e Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras, a súa experiencia é moi ampla, realizando numerosos proxectos no ámbito da conceptualización, reposicionamiento, plans correctivos e de mellora, así como de optimización e externalización para compañías de ámbito nacional en internacional en Horwath HTL, tanto en España como en Portugal ou Latinoamérica.

DESTINATARIOS:
Propietarios, Xerentes, Directores de Hoteis e Restaurantes

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación



 

 

Arriba