08 xul 2013

Axentes de viaxes nacionais e portugueses participaron nun famtrip para coñecer os principais recursos turísticos de Santiago

A viaxe de familiarización estivo organizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Asociación de Hostelería de Santiago.

Un total de 37 axentes de viaxes, 25 nacionais e 12 portugueses, participaron nunha viaxe de familiarización na que percorreron diferentes puntos de interese turístico relacionados co patrimonio cultural e botánico de Santiago e comarca
O Hostal dos Reis Católicos acolleu un workshop no que foron recibidos pola xerente de Turgalicia, Carmen Pita
 

Axentes de viaxes nacionais e portugueses participaron nun famtrip para coñecer os principais recursos turísticos de Santiago

Trinta e sete representantes de axencias de viaxes nacionais e portuguesas participaron nunha acción de difusión da oferta turística de Santiago e comarca. Un total de 25 axentes de viaxes dos 37 que integraron o grupo procedían do territorio nacional mentres que os 12 restantes representaron a axencias de viaxes do país veciño.
Turismo de Galicia organizou esta acción promocional en colaboración coa a Asociación de Hostelería de Santiago. Os participantes na viaxe de familiarización visitaron á súa chegada á cidade o Pazo de San Lourenzo e a carballeira do mesmo nome; e participaron o pasado sábado nun workshop que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos –onde foron recibidos pola xerente de Turgalicia, Carmen Pita Urgoiti- e no que realizaron varias sesións de traballo. Do mesmo xeito visitaron a catedral, presenciaron a Misa do Peregrino e viron o Botafumeiro. Tamen descubriron a vista da cidade dende as cubertas da catedral.
Os axentes de viaxes fixeron un percorrido turístico pola cidade de Santiago, coñecendo o Paseo da Ferradura na Alameda e as rúas do casco antigo. Do mesmo xeito participaron en degustacións gastronómicas en diferentes tipos de establecementos de restauración.
Na xornada do domingo visitaron a Cidade da Cultura e achegáronse ata A Estrada para poder admirar os xardíns do Pazo de Oca e coñecer as singularidades botánicas de Galicia e un dos recursos que forma parte da Ruta da Camelia.
 

Arriba