A Estratexia de Turismo de Galicia establece o marco de traballo en materia turística para o período 2024-2030, unha vez tidas en conta as necesidades dos axentes de distintos ámbitos da cadea de valor do sector turístico galego e das novas demandas dos turistas.

Para o estudo e diagnose, recabouse o traballo realizado nas 20 mesas de traballo con profesionais nas que participaron máis de 400 persoas, ás que se suma a recollida nas preto de 600 enquisas online. Celebráronse tamén oito mesas con expertos coa participación de máis de 100 profesionais.

A Estratexia de Turismo de Galicia 2030 ten como misión impulsar un turismo auténtico e sostible. Busca reforzar a percepción da poboación galega sobre o turismo como un factor de crecemento da economía, de forma que os residentes se sintan aínda máis parte integral do turismo. Reforzarase como destino máis internacional e menos estacional, con maior rendibilidade empresarial que aposta polo equilibrio territorial e loita contra a despoboación.

 A estratexia definida artéllase a través de misións e medidas concretas, cun orzamento realista e coherente:

  • 8 misións
  • 64 medidas
  • Máis de 1.000M€
Arriba