Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
O Programa componse, principalmente, de eixos prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa.
Actuacións implementadas pola Axencia de Turismo de Galicia cofinanciadas polo Programa Galicia FEDER 2021-2027
A Axencia Turismo de Galicia executa as seguintes 4 liñas de actuación dentro do [Programa Galicia FEDER 2021-2027]
Fomento da eficiencia enerxética e da descarbonización das actividades económicas especialmente as empresas e PEME.
O obxectivo da acción proposta é o fomento da eficiencia enerxética en todos os sectores económicos mediante o apoio a unha gama o máis amplía e flexible posible de actuacións. Tamén se apoiará a implantación de medidas de contabilización, monitorización e tee xestión do consumo de enerxía asociado aos proxectos de aforro promovidos así como a realización de auditorías enerxéticas e a implantación de sistemas de xestión enerxética con esta mesma finalidade.
Fortalecemento do Camiño de Santiago.
Esta acción se centra en la ejecución de intervenciones a lo largo del trazado del Camino de Santiago en territorio gallego de mejora en las infraestructuras turísticas del Camino e implantación de métodos de seguridad en el Camino para su correcta adecuación a los estándares actuales de accesibilidad, respeto al medio ambiente y seguridad viaria.
Axudas ao desenvolvemento de Plans de Sustentabilidade Turística en zonas non urbanas. .
Esta acción consistirá en proporcionar axudas ás entidades locais de núcleos non urbanos para o desenvolvemento dos Plans de Sustentabilidade Turística, cuio obxectivo é xerar unha oferta turística que integre a sustentabilidade ambiental, socioeconómica e territorial, desenvolvendo estratexias de resiliencia fronte aos novos retos do ecosistema turístico, desde o cambio climático, ata a sobredemanda turística, a estacionalidade ou as crises sanitarias e de seguridade.
Promoción do destino turístico Galicia.
Impulsaranse campañas de promoción turística focalizadas tanto nos destinatarios como nos países de afectación que permitan a atracción de visitantes ás zonas non urbanas da rexión con obxecto de favorecer unha desestacionalización da actividade turística, xerar novas actividades económicas que contribúan á fixación e mantemento da poboación nas zonas non urbanas de Galicia, e fomentar un crecemento económico ordenado en todo o territorio.
De conformidade co artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, no seu apartado 1.a), A Axencia Turismo de Galicia recoñecerá a axuda dos Fondos Feder no seu sitio web oficial. En cumprimento do citado regulamento, detállanse as distintas operacións desenvolvidas por esta Axencia. |
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.