24 xan 2014

O stand de Galicia en Fitur premiado como o mellor no pavillón das comunidades autónomas da 34 edición do certame turístico

O salón de actos acolleu nesta última xornada dedicada ao público profesional cinco presentacións sobre a oferta cultural das Rías Baixas, o Pantín Classic Galicia Pro, o Corpus Christi de Ponteareas, o festival PortAmérica de Nigrán e os recursos turísticos de Malpica

O stand de Galicia en Fitur premiado como o mellor no pavillón das comunidades autónomas

A organización de Fitur e IFEMA concederon hoxe ao stand de Galicia na 34 edición da Feira de Turismo de Madrid o galardón ao mellor stand institucional e das Comunidades Autónomas. A directora de Fitur, Ana Larrañaga, fixo entrega do premio ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O stand de Galicia en Fitur premiado como o mellor no pavillón das comunidades autónomas

O xurado valorou para a concesión desta distinción parámetros relativos ao deseño do stand, a calidade da atención, a calidade do material que se distribúe e a imaxe que transmite do territorio. Larrañaga explicou que o xurado tivo en conta que “o stand de Galicia lograba transmitir de xeito exemplar os valores turísticos da comunidade galega e as novidades que nela se ofrecen”.

O stand de Galicia en Fitur premiado como o mellor no pavillón das comunidades autónomas

Nos 34 anos de historia de Fitur, o stand de Turismo de Galicia ten sido o que recibiu máis galardóns.

O stand de Galicia en Fitur premiado como o mellor no pavillón das comunidades autónomas

Presentacións destino Galicia
As potencialidades turísticas do destino estiveron representadas hoxe no salón de actos do stand galego en Fitur a través das presentacións de Rías Baixas, Pantín Classic, Malpica, Ponteareas e Nigrán.

Turismo Rías Baixas realizou un percorrido polos seus recursos históricos e naturais na presentación Rías Baixas, en los albores de la historia. A directora de Turismo de Galicia resaltou que este territorio é “moito máis que sol e praia porque calquera actividade turística na costa pode complementarse con interesantes rutas culturais ou naturais”. Incidiu tamén en que o destino atesoura unha das máis amplas mostras de petroglifos de toda a Península e tamén o castro de Santa Tegra, un dos lugares máis visitados de Galicia.

De igual modo, tivo lugar nesta terceira xornada feiral a presentación da nova edición do Pantin Classic Galicia Pro. O certame xa se ten convertido en unha importante cita e nun referente para a práctica deste deporte a nivel internacional. Nava Castro incidiu nas espectaculares condicións do noso territorio para o desenvolvemento desta tipoloxía turística. “Entre as nosas máis de 800 praias, contamos con máis de 70 areais idóneos para a práctica do surf”, comentou.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, tamén interveu na presentación e destactou que Galicia “é un magnífico campo de xogo para os visitantes”, tanto da nosa comunidade coma do exterior, posto que conta “cunha oferta deportiva construída sobre unha sólida base de instalacións, recursos naturais, tecido asociacionista, citas competitivas tradicionais e novas fórmulas de ocio activo” que a fan tremendamente atractiva para os públicos amantes do deporte en todos os seus aspectos e modalidades.

Malpica tamén foi protagonista hoxe no stand galego cunha presentación sobre os seus recursos turísticos asociados á natureza. A este respecto, a directora de Turismo incidiu nas potencalidades do destino para a práctica de diversas tipoloxías turísticas como o turismo ornitolóxico; turismo mariñeiro, turismo cultural ou artesanía.

De igual modo, o Concello de Ponteareas celebrou no stand de Turismo de Galicia unha presentación titulada Ponteareas en flor. O Corpus Christi e os recursos turísticos da zona protagonizaron a presentación desta celebración, unha das sete festas galegas que contan coa declaración de Interese Turístico Internacional.

A última presentación do stand galego foi para o Concello de Nigrán, que presentou os recursos turísticos e reclamos fundamentais que o destino ofrece ao viaxeiro entre os que destacan o que é sen dúbida un dos eventos culturais máis importantes do verán galego, o festival PortAmérica.

Actividades fin de semana
O sábado e o domingo Fitur abre para o público xeral e o stand galego acolle a IV Gymkhana viaxeira, unha actividade dirixida ao público da fin de semana. Trátase dun xogo de pistas cuxo obxectivo consiste en achegar aos visitantes ao stand dun xeito divertido e dinámico: a organización entrega aos visitantes un pasaporte con información do xogo e cunhas pistas coas que os participantes deberán acudir ao stand e cumprir a acción marcada, descubrindo produtos ou recursos galegos representados no stand.

Con motivo do programa Fitur Escapadas para a fin de semana da feria, o stand de Galicia ofrecerá neses días promocións con prezos especiais de produtos turísticos ou escapadas a Galicia presentadas polas axencias de viaxes galegas que se sumaron a esta iniciativa.

Durante o sábado e domingo terán lugar no stand diferentes Show Cooking de cociña galega, a cargo o dun restaurador do GRUPO NOVE. Actuacións a cargo de dous músicos do Axencia Galega das Insdustrias Culturais (AGADIC), con instrumentos tradicionais galegos (gaita, asubío, acordeón, percusión...), que amenizarán o stand nas xornadas finais do certame

Arriba