O ‘Menú peregrino, de Asís a Compostela’ pode degustarse en 12 establecementos da rede de Paradores e exaltará a gastronomía galega con receitas elaboradas por 8 restauradores galegos con Estrella Michelin
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez e mais a presidenta de Paradores, Ángeles Alarcó presentaron no Hostal dos Reis Católicos esta iniciativa que se enmarca nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.
No acto de Presentación-Degustación do menú interviñeron tamén unha representación dos cociñeiros galegos con Estrella Michelín que participan na iniciativa: Yayo Daporta, Pepe Solla, Javier Olleros, Manuel Costiña, Fernando Agrasar, Juan Crujeiras e Bea Sotelo.
Os Paradores de Bielsa, Olite, Santo Domingo de la Calzada, Lerma, Cervera de Pisuerga, Benavente e León, ademais dos galegos de Santo Estevo de Ribas de Sil, Baiona, Cambados, Ribadeo e o Hostal dos Reis Católicos en Santiago contan con este menú elaborado con receitas de oito restauradores galegos distinguidos coa Estrella Michelin.
Un total de 12 establecementos da rede de Paradores teñen a disposición dos seus clientes o Menú Peregrino, de Asís a Compostela, unha iniciativa gastronómica na que a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, e Paradores colaboran no marco dos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.
A directora de Turismo de Galicia e mais a presidenta de Paradores realizaron unha presentación desta iniciativa enogastronómica. Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, o Menú Peregrino resume a maridaxe perfecta entre o Camiño e a gastronomía e aglutina o mellor da tradición gastronómica galega cun dos elementos con maior potencialidade de internacionalización da nosa oferta turística como é o Camiño de Santiago. O Menú Peregrino, dixo, “conforma un novo reclamo para todos aqueles que queiran gozar da mellor cociña galega”.
Paradores en colaboración cos restauradores galegos con Estrella Michelin ofrecen a posibilidade de degustar un menú especial deseñado con motivo desta efeméride. No acto de Presentación-Degustación do menú interviñeron tamén unha representación dos cociñeiros galegos con Estrella Michelín que participan na iniciativa: Yayo Daporta, Pepe Solla, Javier Olleros, Manuel Costiña, Fernando Agrasar, Juan Crujeiras e Bea Sotelo.
Así, oito restaurantes galegos con Estrella Michelín elaboraron as receitas que conforman este Menú Peregrino, de Asís a Compostela. Os restaurantes son:
-A ESTACIÓN (Cambre - A Coruña). Beatriz Sotelo y Xoán Crujeiras
-ÁRBORE DA VEIRA (A Coruña). Luis Veira
-AS GARZAS (Malpica de Bergantiños - A Coruña). Fernando Agrasar
-CASA SOLLA (Poio - Pontevedra). Pepe Solla
-CULLER DE PAU (O Grove -Pontevedra). Javier Olleros
-RETIRO DA COSTIÑA (Santa Comba - A Coruña). Manuel Costiña
-PEPE VIEIRA CAMIÑO DA SERPE (Poio - Pontevedra). Xosé Cannas
-YAYO DAPORTA (Cambados - Pontevedra).Yayo Daporta
A todos eles, únese o xefe do cociña do Parador Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, José Gómez, coa achega dun aperitivo elaborado para a ocasión. O especial Menú Peregrino, de Asís a Compostela pódese degustar en 12 establecementos da rede de Paradores ao longo do ano (dende maio xa pode degustarse).
O Paradores que colaboran neste programa son os seguintes: en Aragón, o Parador de Bielsa; en Navarra, Parador de Olite; en La Rioja, Parador de Santo Domingo de la Calzada; en Castela e León, Paradores de Lerma, de Cervera de Pisuerga, de Benavente e de León. Xa en Galicia, o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, o de Baiona, o de Cambados e mais o de Ribadeo, así como o Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.
Enogastronomía na oferta turística de Galicia
A directora de Turismo destacou na súa intervención durante a presentación desta iniciativa que a enogastronomía constitúe xunto co Camiño de Santiago e o patrimonio natural e cultural, un dos máis relevantes valores diferenciais que fan de Galicia un destino único.
Resaltou tamén a súa potencialidade como atractivo turístico en si mesmo e en combinación con outros produtos turísticos, así como o feito de que Galicia conte coa maior variedade de froitos do mar do mundo e de que sexa o primeiro produtor e consumidor español de peixe, así como que contemos con produtos distinguidos pola súa calidade certificada.
Ademais de contar con 11 restaurantes con Estrella Michelin –a 5ª comunidade do Estado- e con 29 Soles Repsol, Galicia dispón de 51 establecementos de restauración con Q de Calidade Turística.
A directora de Turismo recalcou a presenza da enogastronomía como recurso endóxeno no Plan Integral de Turismo de Galicia, así como algunhas accións a impulsar en relación con este produto turístico no marco do citado plan.