Galicia participa no programa de observación astronómica nos Camiños de Santiago Patrimonio da Humanidade
Neste proxecto, proposto pola Comunidade galega, participan ademais de Galicia, Castela e León, Aragón, Asturias e Cantabria
A vila de Melide , no Camiño Francés, acollerá mañá a primeira cita en Galicia do programa Camiño de estrelas, nun proxecto de observación astronómica, nos camiños de Santiago Patrimonio da Humanidade -Francés e Camiños do Norte-. O proxecto foi proposto por Turismo de Galicia ao resto de Comunidades dentro das accións de promoción comúns que se proxectan dentro do Consello Xacobeo.
A coordinación desta iniciativa desenvólvese desde Turismo de Galicia e en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller e o seu catedrático José anxo Docobo, que dirixe o programa no que participan as Comunidades Autónomas de Asturias, Cantabri, Castela e león e Arragón e as asociacións astronómicas: Asociación Leonesa de Astronomía, Asociación Astronómica de Burgos, Asociación Astronómica Palentina, Agrupación Astronómica de Huesca, Sociedade Astronómica Asturiana, Asociación Astronómica Ceos Despexados ou Astrocantabria.
Ao proxecto, que se desenvolverá entre os meses de xuño a setembro uníronse os cinco territorios: Galicia con 9 localidades, Asturias, con 2 localidades, Castela e León, con 7 localidades, Cantabria con tres localidades e Aragón con tres localidades.
Serán pois un total de 24 sesións en total coa seguinte dinámica:
- Cada unha destas sesións terá dous partes. Na primeira farase unha presentación na que non só profundarase nos obxectos que logo se van a observar, senón que ademais, e sobre todo, falarase sobre a secular relación do Camiño de Santiago coa Vía Láctea, guía fundamental nos amenceres de verán, xa que a posición da nosa galaxia neses momentos está en orientación este-oeste, marcando por tanto a dirección cara ao sepulcro do apóstolo Santiago. Nalgúns casos mesmo están previstas conferencias impartidas por relevantes estudiosos do mundo xacobeo.
- A seguinte sesión de observación astronómica terá dous partes. Unha primeira na que se identificarán constelacións a ollo libre, así como a propia Vía Láctea; e unha segunda na que se fará uso de telescopios portátiles cos que poder ver con todo detalle a Luna, os planetas Xúpiter e Saturno, estrella dobres, nebulosas, etc. Durante o transcurso das observacións, os profesores e monitores atenderán, non só pendentes das preguntas e consultas dos asistentes, senón que continuamente farán comentarios en relación aos obxectos que se observan, propiedades físicas, curiosidades, mitoloxía, anécdotas, etc., sempre co fin de que as actuacións sexan atractivas e amigables para todo o público asistente
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA, https://www.usc.gal/astro), pertencente á Universidade de Santiago de Compostela (USC), ten como principal obxectivo a investigación e a docencia en astronomía, aínda que nas últimas décadas a dirección do observatorio impulsou gran cantidade de actividades de divulgación, mesmo fóra das súas instalacións.
Iniciativas como Astronomía Itinerante; o Programa de Extensión Cultural de Astronomía (P.E.C.AS.) con 23 edicións; Todocosmos, cinco anos financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e catalogado por esta fundación como "Práctica innovadora en cultura científica"; a colaboración coa Cidade da Cultura de Galicia nas Visitas Astronómicas durante dez anos; ou O Camiño das Estrelas-As Estrelas do Camiño, foron todas elas un éxito de participación e de gran aceptación polo público asistente, de todas as idades.
Programa CAMIÑOS DE ESTRELAS- XACOBEO 2021- 2022
COMUNIDADES E LUGARES
Relación de comunidades e lugares onde se van a realizar actividades astronómicas, ordenados por comunidades autónomas
(Jn: xuño; J: xullo; A: agosto; S: setembro)
GALICIA
• Melide (9 J)
• Portomarín (16 J)
• Sarria (30 J)
• Mondoñedo (6A)
• Arzúa (7 A)
• Ribadeo (13 A)
• Piñeiro (27 A)
• Fisterra (10 S)
• Santiago de Compostela (11S)
ASTURIAS
• Xixón (29 e 30 J, conta como unha soa sesión)
• Oviedo (20 A)
CANTABRIA
• Castro Urdiales (13 A)
• Santander (10 S)
• Camaleño (14 A)
CASTELA E LEÓN
• Carrión de los Condes (25 Jn)
• Astorga (16 J)
• León (13 A)
• Castrojeriz (13 A)
• Villalcázar de Sirga ( 14 A)
• Cacabelos (11 S)
• Burgos (13 S)
ARAGÓN
• Jaca (30 Jn)
• Somport (17 J)
Berdún (13 A)