13 feb 2023

A Xunta dá comezo en Narón á nova edición do programa ‘Vexo Veo Xacobeo’ na que participarán preto de 3.500 nenos e nenas de 53 centros educativos galegos

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron no acto de presentación que tivo lugar no no colexio Jorge Juan en Narón

 
Presentación de Vexo, vexo, Xacobeo.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron no acto de presentación que tivo lugar no no colexio Jorge Juan en Narón noacto de presentación da nova edición do programa “Vexo Veo Xacobeo”, na que participarán  preto de 3.500 nenos e nenas de 53 centros educativos galegos.

Esta nova edición que arrancou hoxe en Narón dota aos centros educativos de recursos didácticos e actividades educativos ao redor do Camiño de Santiago e tal e como destacou a directora de Turismo, a importancia do Camiño de Santiago como un elemento que deu forma á cultura que temos na nosa terra. “O Camiño e, por suposto, os valores do Camiño, como son a solidariedade, a humanidade ou a amizade, viven e dan forma á nosa sociedade, servindo como nexo de unión entre os pobos.“
 
Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, destacou a participación dos alumnos do CPR Jorge Juan no programa a través de contacontos e actividades “enfocadas a poñer en valor un recurso tan noso como é o Camiño”.
 
Aneiros agradeceu a implicación dos equipos docentes e manifestou o seu desexo de que esta segunda edición do programa acade maiores éxitos que a primeira e “cristalice a súa continuidade como unidade didáctica”.
 
O “Vexo veo Xacobeo” naceu coa intención de difundir o Camiño de Santiago e o Xacobeo entre os 193.000 estudantes de infantil e primaria galegos, a través dun contido de calidade, interese e actualidade para estes alumnos e as súas familias.
 
 O proxecto «Vexo, Veo, Xacobeo» dota aos centros  de unidades didácticas, vídeo-xogos do Camiño de Santiago, conta contos e saídas guiadas a tramos do Camiño. Cada centro educativo participante presenta un proxecto cuxa finalidade é a divulgación do Camiño de Santiago e do Xacobeo e os seus valores. Complétase coa realización dunha serie de vídeos escolares nas que os alumnos/as falan do Camiño e do Xacobeo como canle de comunicación para a infancia.
 
Arriba