14 xuñ 2022

A Xunta presenta a segunda edición do Camiño das Músicas Galegas da man da Duendeneta que percorrerá diferentes rutas do Camiño de Santiago Trá

 Trátase dun proxecto de difusión cultural en máis de 20 vilas e cidades situadas no Camiño de Santiago

 
A iniciativa enmárcase na programación do Xacobeo, a través da colaboración coa Fundación La Caixa, e permitirá ofrecer un percorrido sonoro pola historia da música galega máis recente
 
A furgoneta móbil viaxará ao longo do meses de xuño e xullo por máis de 20 vilas e cidades
 
Presentación da Duendeneta 2022

 Co obxectivo de dar a coñecer dun xeito ameno e didáctico  música feita en galego, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou  na presentación da xira Os Camiños das Músicas Galegas que ofrecerá La Duendeneta, unha orixinal music truck que percorrerá o camiño de Fisterra, o francés e a Vía da Prata durante os meses de xuño e xullo. No acto tamén participaron a responsable territorial da Fundación La Caixa, Susan Santos e a comisaria do Xacobeo, Cecilia Marimón.

Trátase dun proxecto de difusión cultural que naceu o ano pasado e que percorre concellos do Camiño de Santiago co obxectivo de dar a coñecer a música galega e feita en galego. Nesta nova edición, a furgoneta móbil viaxará ao longo do meses de xuño e xullo por diversas prazas e vilas, ofrecendo ata 32 sesións musicais de carácter didáctico, que mostrará a historia da música da nosa comunidade.

O encargado de exercer como DJ de esta iniciativa é o xornalista Carlos Crespo, quen estará a cargo das sesións musicais, cunha duración aproximada de hora e media ou dúas horas de duración, coas que achega a música de galegos e en galego aos peregrinos que percorren o Camiño, cunha selección musical coa que percorrerá toda a historia musical galega, desde Andrés Dobarro ata as Tanxugueiras.

Na súa presentación, Nava Castro puxo en valor este tipo de accións, xa que “enmarcadas dentro da programación do Xacobeo reflicten á perfección o que está sendo a celebración nestes primeiros compases, con accións locais, de pequeno formato, diversas e adaptadas ás actuais condicións”.

A duendeneta percorrerá os concellos de Fisterra, Muxía, Corcubión, Cee, Negreira no Camiño de Fisterra; O Pedrouzo, Arzúa, Melide, Palas de Rei, Portomarín, Sarria, Triacastela e O Cebreiro no Camiño Francés; Vedra, Silleda, Lalín, Ourense, Allariz, Xinzo da Limia na Vía da Prata e tamén no Monte do Gozo. A directora de Turismo de Galicia destacou a orixinalidade desta iniciativa, que permitirá que tamén a veciñanza poida desfrutar desta orixinal discoteca móbil vintage, mesturándose durante as sesións cos propios peregrinos.

 

Arriba