12 xuñ 2023

Turismo de Galicia presenta o proxecto “Alén do Solpor” na Casa de Galicia en Madrid

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación xunto ao director da Casa de Galicia, Juan Serrano

Nava Castro indicou que esta iniciativa non fai máis que ampliar a espectacular oferta turística da nosa comunidade

 
Presentación en Madrid.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director da Casa de Galicia, Juan Serrano, presentarán o proxecto “Alén do Solpor  na Casa de Galicia en Madrid, onde Nava Castro destacou que é un proxecto que non só permite impulsar unha modalidade de turismo sostible e responsable, senón que tamén contribúe á desestacionalización do turismo.

Alén do Solpor é un proxecto que se desenvolve na Costa da Morte que propón unha nova interpretación do destino da Costa da Morte, articulando nela todos os recursos que vinculan este territorio co legado histórico-cultural do sol.

Grazas a esta iniciativa podemos visibilizar a incomparable riqueza paisaxística e cultural do noso territorio, onde a natureza, o patrimonio artístico e as lendas van da man do rei estrela a cada paso do camiño. “Esta iniciativa non fai máis que ampliar a espectacular oferta turística que temos en Galicia”, indicou Nava Castro .

Arriba