CALIDADE TURÍSTICA

20 Apr 2021

WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: SUSTENTABILIDADE NA RESTAURACIÓN”

Pechado

 WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: SUSTENTABILIDADE NA RESTAURACIÓN”
 

 

Programa

 

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a campaña Gastronomía no Camiño, está o facilitarlle ás empresas de restauración ferramentas que lles permitan mellorar a súas praxes cara unha transformación sostible dos seus establecementos. A idea é facilitar os contidos teóricos para mellorar aspectos ambientais e patrimoniais, ou no caso de cumprir previamente con esas premisas, saber poñer en valor estas cualidades.

A día de hoxe o perfil do cliente está a mudar cara un tipo máis exixente que está a disposto a pagar máis se o establemente no que consume é afín as súa filosofía e valores, onde a protección do medio ambiente ou o valor cultural son un reclamo cada vez máis demandado.

OBXETIVOS:

  • Aprender os conceptos básicos de sustentabilidade aplicada ao sector da restauración.
  • Coñecer os obxectivos da Axenda 2030 e como poder contribuír para acadar as súas metas.
  • Adquirir ferramentas para unha correcta comunicación da filosofía empresarial coa que se traballa dende a restauración.



DATA:
martes, 20 de abril  ás 11:00 h

Nº PRAZAS: 100

RELATORA: Rocío García Carregal
Licenciada en Ciencias Físicas, formada en sustentabilidade na Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, traballou ao longo da súa carreira profesional en diversos proxectos relacionados co eido medioambiental. A día de hoxe exerce dende Slow Food Compostela, no que é secretaria da asociación, e onde onde traballa con proxectos de desenvolvemento no sector primario e canal HORECA. Durante este anos participou coma consultora no programa de “Agricultura Familiar” da FAO e como observadora para a ONU na COP25.
 
 
DESTINATARIOS:

Xefes de equipo ou departamento de empresas de hostelería, restaurantes ou  propietarios e profesionais responsables da xestión de compras e da restauración.
 

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

.

INSCRICIÓN:

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal 

 

Arriba