Política de privacidade

Esta aplicación móbil non recolle datos persoais das persoas usuarias, tales como datos identificativos ou de uso de dita aplicación que permitan identificar á persoa interesada.

De forma opcional, pódense conceder permisos de localización á aplicación, coa finalidade de que mostre os lugares de interese preto da persoa usuaria, pero en ningún caso se asociarán á súa identidade.

Neste sentido, dependendo da versión do seu sistema operativo, desde o que se acceda á aplicación, amosarase un aviso sobre os permisos de localización coas seguintes opcións:

  • Permitir mentres se utiliza a app.
  • Permitir só unha vez.
  • Non permitir nunca.

Tamén pode conceder o acceso á cámara para poder utilizala en modo realidade aumentada (AR) e superpoñer os marcadores sobre o mundo real. Antes de acceder á cámara solicitaranse os permisos necesarios. Dependendo do dispositivo que se utilice, aparecerá a seguinte mensaxe:

  • Permitir
  • Non permitir

Devanditos permisos poderán ser modificados cando a persoa usuaria o desexe desde os axustes do dispositivo.

Modificación da Política de Privacidade

A Axencia de Turismo de Galicia resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente.

Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.

Máis información

Pode ampliar esta información pulsando aquí

 
Arriba