Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA DE MAGDALENA TENREIRO&body=Recoméndoche que leas a información CASA DE MAGDALENA TENREIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23364/casa-de-magdalena-tenreiro?ctre=39%26langId=gl_ES%26tp=9
Parroquia: Nogueirosa (San Cosme)
Lugar: Esteiro
15619 Pontedeume - A Coruña
Propiedade privada.
Edificio do segundo terzo do século XIX (1869-1876), con certo aire romántico. Presenta unha planta cadrada disposta en tres alturas máis baixocuberta. O interior esta condicionado polo núcleo da escaleira, elemento articulador da vivenda, que se traduce ao exterior nunha torre-miradoiro.
As súas fachadas están compostas de modo clásico. No piso baixo atópanse a porta de entrada e ventás de pequeno tamaño. No primeiro piso as ventás divídense verticalmente e péchanse cun pequeno balcón de ferro, mentres que un balcón sobresae por enriba da entrada apoiado sobre tres canzorros. No último piso unha galería percorre toda a fachada, combinando cristal e madeira pintada de verde. A fachada posterior caracterízase por unha sucesión de vans colocados simetricamente.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.