19 mai 2017

Turismo de Galicia organiza o II Foro Gastronómico os días 22 e 23 de maio

Celébrase no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e reúne a prestixiosos cociñeiros galegos e a expertos en sustentabilidade e nutrición, accesibilidade nos establecementos hoteleiros ou menús saudables

 

Turismo de Galicia organiza por segundo ano consecutivo o Foro Gastronómico Turismo de Galicia, #GastroForum, que nesta edición se celebra os días 22 e 23  de maio no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG).

O encontro acolle obradoiros de cociña e debates sobre gastronomía vista desde a perspectiva da sustentabilidade, da solidariedade e da saúde. Nel afondarase en iniciativas de sustentabilidade en restauración incluíndo obradoiros prácticos nos que se reivindicarán as especies pouco coñecidas en gastronomía.

O Foro Gastronómico de Turismo de Galicia tamén incide4 na gastronomía integradora, con relatorios centrados na atención a persoas con discapacidade e un obradoiro sobre texturización en centros residenciais. Ademais, danseas claves para aprender a reducir os desperdicios en cociña ou os diferentes procedementos para a elaboración de menús en base ás recomendacións da dieta atlántica, entre outros temas.

Cociñeiros galegos

O foro reúne aos cociñeiros Roberto Filgueira (O Balado), Iván Domínguez (Alborada), Rafael Centeno (Maruja Limón), Alberto González (Silabario), Quique Piñeiro (A Horta do Obradoiro) e Luis Veira (Árbore da Veira), que imparten obradoiros e participan nalgúns dos debates.

Tamén participan expertos en sustentabilidade e nutrición, así como representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Cruz Vermella ou Lonxanet. 

 
Arriba
Axúdanos a mellorar!