12 xuñ 2018

Nava Castro recibe en Santiago de Compostela a unha delegación de peregrinos xaponeses tras percorrer o Camiño de Inverno

Peregrinos xaponeses.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, xunto a unha representación de alcaldes e concelleiros de varias das localidades polas que atravesa o Camiño de Inverno, recibiron en Santiago de Compostela a unha delegación de peregrinos xaponeses que estivo percorrendo nos últimos días este itinerario para promovelo entre o mercado xaponés e para conmemorar o 150 aniversario das relacións diplomáticas hispano-niponas.

A delegación estivo formada, entre outros, polo secretario do Consulado Honorario de España en Takamatsu, Yoshihiko Takaki, así como por membros da Asociación de Yokohama e España, que coñeceron durante os últimos días o patrimonio cultural, enogastronómico e natural do Camiño de Inverno, unha das rutas xacobeas oficializadas tras a aprobación da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia en 2016 impulsada pola Xunta. Como punto de partida e tras este recoñecemento, desde Turismo de Galicia reforzouse xa a sinalización existente e se editou unha guía específica sobre este itinerario xacobeo. Trátase do anticipo do proxecto de sinalización, mellora e acondicionamento que se realizará seguindo o cronograma previsto no Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago que se está a levar a cabo en todos os itinerarios xacobeos cos que conta Galicia.

 
Arriba