Xosé Manuel Merelles toma posesión como director de Turismo de Galicia
O 3 de xullo tomou posesión como novo director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles Remy.
Nado na Rúa (Ourense), é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en varios medios de comunicación ata chegar á Xunta de Galicia no ano 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación da Presidencia, así como xefe de prensa na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e en Sogama. Desde xaneiro de 1999 ocupaba a Xefatura da Área de Comunicación da Axencia de Turismo de Galicia.