23 Nov 2020

Obradoiro sobre o Modelo de Negocio nas empresas turísticas e hostaleiras

Pechado

 

Obradoiro sobre o Modelo de Negocio

CURSO COMPLETO

 

Programa

 

Ante as circunstancias provocadas pola situación derivada da COVID 19, que está levando a unha boa parte do sector turístico e hostaleiro a unha situación económica complexa, Turismo de Galicia (a través do CSHG) quere poñer os seus recursos á disposición do sector para colaborar na toma de medidas que permitan ás empresas afrontar a situación en mellores condicións.
 

Unha das medidas a poñer en marcha é un Programa de Reconversión e Adaptación das Empresas Turísticas, a través de diferentes obradoiros, destinados empresarios do sector que están interesados es revisar os seus modelos de negocio co fin de buscar solucións para afrontala crise.

DESTINATARIOS

Destinado a empresas do sector turístico e hostaleiro e empresas tecnolóxicas e de servizos que presten apoio ás mesmas e que desexen redefinir a súa situación de cara a afrontar a crise orixinada pola COVID.


Os participantes nos obradoiros deberán ser persoas con responsabilidade na toma de decisións dentro da empresa.

OBXETIVOS ESPECÍFICOS
-Visualización do modelo de negocio: dotar ás empresas dunha ferramenta de visualización e comunicación do modelo de negocio da súa organización.
-Orientación ao cliente: axudar ao empresario para orientar a súa empresa cara as necesidades do cliente, cara acreación dun encaixe da proposta de valor, que minimice os riscos de mercado.
-Reflexión e análise: facer reflexionar ao empresario sobre as claves do seu propio negocio e, ao mesmo tempo, analizar a viabilidade do mesmo.
-Coñecemento de ferramentas estratéxicas: entregar aos empresarios unha ferramenta metodolóxica que lles permita atopar novos xeitos de crear e capturar valor para a empresa, xa sexa mediante liñas de negocios existentes ou novas. Diminuíndo erros estratéxicos e custos durante o proceso.
-Flexibilidade e adaptación: doutra banda, facer entender ao empresario a importancia de actualizar a súa proposta de valor e/ou procesos para adaptarse ás circunstancias do mercado.

CONTIDOS:
Consiste na análise e revisión do Modelo de Negocio de cada un dos participantes. Realizarase a través de traballo participativo nos que se analizará o negocio desde distintos aspectos.
A través dunha metodoloxía específica, identificaranse nove bloques que compoñen o modelo de negocio:
●    Segmentos clave: definindo o nicho de mercado ao que se quere dirixir a empresa.
●    Propostas de valor: que indicará os problemas do cliente que soluciona o modelo que queremos propoñer.
●    Canles: a través das cales se farase  chegar a proposta de valor aos clientes.
●    Relacións con clientes: definindo o tipo de relacións que se terá  con eles.
●    Fontes de ingresos: aqueles aspectos polos que o cliente estea disposto a pagar.
●    Actividades clave: aspectos indispensables, non externalizables, que serán o eixo da actividade do modelo.
●    Recursos clave: que son precisos para desenvolver a actividade.
●    Asociacións clave: axentes necesarios para poder funcionar (alianzas, provedores, etc).
●    Estrutura de custos: custes que supón o desenvolvemento e funcionamento do negocio.


METODOLOXÍA
Os obradoiros de Modelo de Negocio realizaranse en 2 sesións de 5 horas cada unha de forma telepresencial, en grupos reducidos.
 
O obradoiro desenvolveranse cunha breve presentación das sesión e o  desenvolvemento práctico do contido.


CERTIFICADO

Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia .



PREZO DO CURSO


O curso é gratuíto. Inclúe as 2 sesións de formación e material formativo documental

 

INSCRICIÓN
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba