Plan Director dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia 2022-2027

O Plan Director dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia 2022-2027 é unha ferramenta de xestión e unha folla de ruta que marca as directrices para a conservación do Camiño de Santiago atendendo a todas as súas vertentes e a todos os axentes implicados.

Ampliando os obxectivos do Plan Director 2015-2021, así como os esforzos e obxectivos fixados neste plan, estrutúrase arredor de 7 retos globais, 17 liñas de actuación e 98 accións dirixidas a protexer e preservar o Camiño de Santiago en territorio galego.

O novo Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027 marca o traballo nas rutas xacobeas ata o vindeiro Ano Santo, impulsando a conservación e mellora das diferentes rutas e de promover o Camiño de Santiago.

Este novo Plan amplía as actuacións do anterior Plan Director dos Camiños de Santiago 2015-2021 incluíndo preto dun centenar de medidas centradas en sete retos específicos:

  • A dixitalización e a sustentabilidade.
  • A promoción dos itinerarios e a súa conexión internacional.
  • Novas fórmulas para mellorar a experiencia dos peregrinos.
  • Mellora da gobernanza.
  • Mellorar os servizos do Camiño (igualdade, inclusión, etc...).
  • A aposta polos produtos locais e a implicación da veciñanza.
  • A potenciación de todos os roteiros de peregrinación recoñecidos.
Arriba