Plan de Turismo Termal

O termalismo é unha das grandes riquezas de Galicia, comunidade autónoma tamén rica en recursos naturais e culturais. Porén, nun contexto global onde as preferencias dos viaxeiros están en constante evolución e segmentación, resulta fundamental revalorizar a súa proposta de valor para situar a Galicia como destino de referencia no sector do turismo termal, tal e como merece pola variedade e calidade da súa mineromedicina e augas termais.

Para iso, o estudo exploratorio que se presenta neste documento realízase co obxectivo de propor un conxunto de actuacións estratéxicas que permitan posicionarse a Galicia como destino termal de excelencia.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba