13 nov 2013

A directora de Turismo de Galicia abriu hoxe o curso da Asociación Galega de Feiras e Eventos que ten obxectivo potenciar a capacidade de Galicia como destino receptor de turistas de negocios

Nava Castro Domínguez inaugurou hoxe o curso da Asociación Galega de Feiras e Eventos que se celebra no marco do convenio que o ente asociativo ten con Turismo de Galicia e que se dirixe á formación dos asociados de cara á incrementar a competitividade do destino Galicia no sector MICE - Meetings, incentives, conferences and exhibitions-.

A directora de Turismo de Galicia abriu hoxe o curso da Asociación Galega de Feiras e Eventos que ten obxectivo potenciar a capacidade de Galicia como destino receptor de turistas de negocios

A directora de Turismo de Galicia inaugurou esta mañá en Santiago o curso da Asociación Galega de Feiras e Eventos –AGAFE-. O acto inaugural contou co presidente de AGAFE, Alejandro Rubín; así como cos membros da directiva da asociación.

A directora de Turismo de Galicia abriu hoxe o curso da Asociación Galega de Feiras e Eventos que ten obxectivo potenciar a capacidade de Galicia como destino receptor de turistas de negocios

Segundo explicou a directora de Turismo no acto de apertura da acción formativa, a asociación AGAFE, con dous anos de vida, favorece a implicación de todos os axentes relacionados co turismo MICE -Meetings, incentives, conferences and exhibitions- coa finalidade de que Galicia sexa “un referente internacional na organización de feiras, congresos e outros eventos”. Así, dende os xestores de infraestruturas ou organizadores ata as axencias de viaxes, establecementos de aloxamento, guías turísticos ou empresas de transportes únense neste ente asociativo para desenvolver este subsector cun enfoque común de cara a potenciación do turismo de congresos e incentivos.

O obxectivo dos cursos de formación, que se engloban no convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e AGAFE é, segundo explicou a directora de Turismo na súa interención, que as empresas, traballadores e profesionais poidan axuntar esforzos na potenciación de intercambios comerciais para facer fronte as transformacións que se están a producir no sector e así, seguir sendo competitivos neste mercado altamente globalizado.

Nava Castro explicou que Turismo de Galicia apoia e defende o asociacionismo no sector turístico como “unha ferramenta indispensable para obter beneficios comúns para todos os integrantes e deste modo posicionar, dunha maneira eficiente, o destino Galicia”. Segundo matizou, a administración turística autonómica ten contribuído mediante convenios de colaboración, ao fortalecemento das actividades realizadas a través das asociacións, entre as que se sitúan as accións relacionadas coa potenciación e mellora do turismo de negocios.

A directora de Turismo falou da oferta de infraestruturas destinadas a albergar eventos así como da oferta complementaria que ofrece o destino para os turistas de negocios.

Este curso que se celebra en Santiago vaise impartir no resto de provincias galegas antes de finalizar o ano. Xunto a celebración destes catro cursos para o segmento MICE, tamén se desenvolverá outro curso de novas tecnoloxías para o desenvolvemento dos produtos e servizos relacionados coas feiras, congresos e eventos. E outra das iniciativas incluídas no acordo entre Turismo de Galicia e AGAFE é a realización dunha campaña de promoción de AGAFE a través dun stand permanente en Expourense co obxecto de informar aos profesionais e ao público nacional e internacional.

Estas accións pretenden mellorar e incrementar o sector turístico de negocios en Galicia a través da profesionalidade dos axentes e a eficiencia na xestión de infraestruturas, así como a través da calidade do servizo ofertado. 

Arriba