28 nov 2013

O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para a Festa da Anguía e a Mostra da Caña do País de Valga

A festa cumpre os requisitos definidos no Decreto 39/2001, regulador da Declaración de Festas de Interese Turístico de Galicia. Hoxe aprobouse tamén a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para a Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga e mais para a Festa da Vieira de Cambados. Con estas declaracións, a comunidade conta xa con 98 festas de Interese Turístico de Galicia, 13 festas de Interese Turístico Nacional e 6 festas de Interese Turístico Internacional.

O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para a Festa da Anguía e a Mostra da Caña do País de Valga, que cumpre os requisitos definidos no Decreto 39/2001, regulador da Declaración de Festas de Interese Turístico de Galicia.

A Festa da Anguía, en Valga, celébrase dende o ano 1989, e xa no 1991 incorporouse a esta celebración a Mostra da Caña do País. A Festa da Anguía tense convertido nun gran referente da gastronomía galega, ao que se sumou o atractivo da augardente, produto típico da zona. Este ano chega á súa edición número XXIII con múltiples actividades que complementan as degustacións gastronómicas, como un concurso con degustacións de caña.

Porén, cómpre salientar ademais o carácter participativo desta celebración, na que destacan as actividades levadas a cabo por colectivos e asociacións do propio concello, así como o elevado número de visitantes que acadan de media os 20 mil en cada edición. A festa ten tamén un gran valor cultural dado que inclúe diversas actividades complementarias que enriquecen a experiencia de visitar a festa e descubrir a gastronomía e a enoloxía da zona.

De igual xeito, o Consello da Xunta tamén aprobou hoxe a declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia para a Feira Franca Medieval de Betanzos e mais da Festa da Vieira de Cambados.

Con estas declaracións, a comunidade conta xa con 98 festas de Interese Turístico de Galicia, 13 festas de Interese Turístico Nacional e 6 festas de Interese Turístico Internacional.

Arriba