Turismo de Galicia restaura o Retablo Maior do Convento Franciscano de Herbón restaurado por Turismo de Galicia
O retablo barroco, que data de 1.708, ten unha relevante importancia tanto histórica como artística e conta coa declaración de Ben de Interese Cultural dende o ano 2013
Durante a visita, a directora de Turismo de Galicia destacou que este retablo é unha das obras máis singulares da zona e constitúe un gran reclamo turístico da Comunidade galega
Nava Castro sinalou que esta rehabilitación únese a outras recuperacións realizadas nos últimos anos que consolidan a aposta da Xunta de Galicia polos espazos tradicionais de gran valor patrimonial e arquitectónico
Nava Castro visitou e a igrexa do Convento Franciscano de Herbón onde Turismo de Galicia, no marco da celebración do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Compostela, levou a cabo a restauración do Retablo Maior dedicado a San Antonio.
O retablo ten unha importante relevancia tanto histórica como artística e conta coa declaración de Ben de Interese Cultural dende o ano 2013.
O estado de conservación deste retablo barroco, que data de 1.708, sufriu un deterioro acelerado nos últimos anos, debido principalmente ao alto grado de humidade ambiental.
Grazas á achega de Turismo de Galicia levouse a cabo un proxecto de restauración deste Retablo Maior de San Antonio que constitúe unha das obras máis singulares da zona.
A restauración incluíu, entre outras fases, a consolidación do soporte, a colocación de anclaxes novos, o illamento no reverso, a restauración das tallas e a desinsectación, entre outras intervencións.
Durante a visita, a directora de Turismo de Galicia destacou que este retablo está situado nunha paraxe de gran beleza natural, ao carón do río Ulla, bordeado por un amplo conxunto de ladeiras, constituíndo un gran reclamo turístico da Comunidade galega.
Así mesmo, Nava Castro sinalou que esta rehabilitación únese a outras recuperacións realizadas nos últimos anos que consolidan a aposta da Xunta de Galicia polos espazos tradicionais de gran valor patrimonial e arquitectónico.