24 mar 2017

Turismo de Galicia e a Catredral de Santiago afianzan a súa colaboración para a mellora da atención aos peregrinos

 O Camiño de Santiago converteuse no principal elemento captador de turismo internacional para Galicia e a súa carta de presentación a nivel mundial ación a nivel mundial

 No pasado ano un total de 278.232 peregrinos recolleron a súa Compostela, o que supuxo un máximo histórico supuxo un máximo histórico.

 Turismo de Galicia achegará a contía de 300.000€ para colaborar en iniciativas  co Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos e en actividades que promova a Catedral de Santiago relacionadas coas Rutas Xacobeas.

 A Xunta afianza así o seu compromiso co Camiño de Santiago, o principal recurso turístico e cultural da nosa Comunidade.

 O Consello da Xunta aprobou o acordo polo que se autoriza a subscrición dun convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes da nosa comunidade.

No pasado ano 2016 un total de 278.232 peregrinos recolleron a súa Compostela na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, o que supuxo un máximo histórico ao superar a cifra acadada no último ano Santo, o Xacobeo 2010.

Pola súa parte, neste ano 2017 chegaron xa máis de 5.000 peregrinos á meta da Ruta Xacobea dos cales máis do 58% son estranxeiros. Con todo, o Camiño de Santiago converteuse no principal elemento captador de turismo internacional para Galicia, o seu sinal de identidade e a súa carta de presentación a nivel mundial.

Deste xeito, resulta fundamental ofrecer unha atención de calidade a todos estes peregrinos que cada ano visitan Galicia a través dalgunha das rutas xacobeas. Este é o obxectivo do convenio a través do cal Turismo de Galicia achegará 300.000 €, o que supón preto do 85% do orzamento total das actuacións previstas nel.

O acordo inclúe diversas iniciativas relacionadas co Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos de Santiago de Compostela, como o reforzo do seu material e persoal para unha maior atención e información aos peregrinos, ou a cesión dun local nas súas instalacións para a utilización de Renfe.

Así mesmo, Turismo de Galicia comprométese a colaborar, a través deste acordo, en actividades que promova a Catedral de Santiago relacionadas coas rutas xacobeas, como o Congreso de Acollida Cristiá, así como a edición de revistas ou publicacións. 

Arriba