A Xunta reivindica o novo modelo turístico posto en marcha pola comunidade durante o II Foro do Proxecto EDIT
A directora de Turismo de Galicia, Nava , participou no segundo Foro do Proxecto EDIT, que pretende levar a cabo un proxecto transfronterizo cuxa finalidade é desenvolver un destino turístico intelixente
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no segundo Foro do Proxecto EDIT, proxecto que ten como misión a mellora da xestión dos recursos turísticos e a información sobre a súa actividade a través das TIC, transformando o modelo turístico en base á innovación, tecnoloxía, sustentabilidade e accesibilidade para incrementar a competitividade e rendibilidade do destino.
Este proxecto, levado a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia en colaboración cun partenariado de entidades no Norte de Portugal, pretenden levar a cabo un proxecto transfronterizo cuxa finalidade é desenvolver un destino turístico intelixente.
Neste segundo Foro, levado a cabo en Santiago de Compostela, debateuse sobre a importancia de desenvolver unha estratexia turística en bases aos datos dato, casos de éxito tanto na implantación de DTI en diferentes destinos turísticos, así como o coñecer diferentes experiencias tecnolóxicas no sector privado
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia, fixo fincapé na importancia de levar a cabo este tipo de accións formativas impulsadas pola Xunta de Galicia coa finalidade de continuar trasladando aos turistas que a innovación, a calidade e a excelencia son a folla de ruta que sigue a nosa Comunidade para ofertar un turismo punteiro.
Neste senso, Castro destacou que “Galicia e Portugal están destinados a formar parte do turismo do futuro, no que a innovación e a excelencia está chamada a xogar un papel relevante e por iso precisamente é necesario dar un paso a diante na procura de novas formas de xestión e modelos turísticos diferenciados”.
EDIT pretende aproveitar o potencial da tecnoloxía para profundar no coñecemento da demanda en base a unha maior interacción co visitante, contribuíndo desta maneira para mellorar o proceso de toma de decisións de xestores de destino e empresas turísticas a ambos os dous lados da fronteira.