Novas turísticas

Atopáronse 2077 novas relacionadas coa súa busca:

6/03/20

O Son do Camiño medrará por riba dos 100.000 asistentes cun cartel de éxitos internacionais e máis música galega que nunca

 O Monte do Gozo volverá a converter a Galicia en referente musical os días 18, 19 e 20 de xuño con artistas que superan os 35 billóns de escoitas en internet

 
Polos tres escenarios pasarán, entre outros, The National, The Chemical Brothers, Bad Bunny, Liam Gallagher e artistas que suman ata 12 premios Grammy
 
Participarán un total de 15 bandas e solistas da nosa Comunidade como Xoel López e Budiño, que participaron na presentación, Guadi Galego ou Presumido
 
“Do mesmo xeito que o Camiño, este festival convoca a xente de todas as idades, nacionalidades e preferencias”, subliñou o titular de Turismo da Xunta
 
A través de diversas accións, a cita contribuirá á difusión da imaxe de Galicia e promoverá valores como a sustentabilidade, a igualdade e a inclusión
 

4/02/20

Galicia foi a Comunidade na que máis medrou o turismo en todo o Estado, un 6,2% fronte a un 0,5%, e acada por vez primeira os 11 millóns de pernoitas

 Román Rodríguez salienta que tras unha década de récord, Galicia afronta o novo ciclo xacobeo no mellor momento do seu turismo

Este sector xa conta con máis de 123.000 ocupados, un 3,6% máis, e os ingresos hoteleiros rexistran a cifra máis alta da historia con 314 M€
 
Seis de cada dez visitantes chegan fóra do verán, avanzando na estratexia de desestacionalización da Xunta co fin de atraer viaxeiros todo o ano
 
No último ano, o Goberno galego investiu máis de 11 millóns de euros en accións para fomentar un turismo de calidade tanto nas cidades como no rural
 
Arriba