Obxecto social da Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo

<br/>Edificio da sede da S.A. Xacobeo

Constitúe o obxecto da sociedade a realización de actividades dirixidas á xestión dos servizos comúns da rede publica de albergues e do resto do seu patrimonio social, as relacións coas asociación de amigos do Camiño de Santiago; así como a planificación, programación, proposta e, se é o caso, execución das actuacións para a promoción e a organización dos actos que se desenvolvan con motivo dos anos santos Xacobeos, así como apoiar os distintos departamentos, entidades e comisións da Xunta de Galicia para o desenvolvemento das súas funcións neste ámbito (CNAE: 8411 - Actividades xerais da  Administración Pública)

En concreto, constitúe o obxecto da sociedade a realización das seguintes actividades:

  • A xestión dos ingresos e gastos derivados do funcionamento da rede pública de albergues e do resto de edificios da entidade.
  • A contratación, seguimento e xestión dos servizos de mantemento, seguranza, limpeza, atención así como todos aqueles que sexan necesarios para o correcto funcionamento da  rede pública de albergues e do resto do patrimonio da entidade.
  • As relacións coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago e entidades de promoción da cultura xacobea, así como as propostas de actuacións no ámbito da promoción,  mantemento e conservación do Camiño de Santiago.
  • A planificación, programación, proposta, e, se é o caso, execución de actuacións para a promoción e organización dos actos que se desenvolvan con motivo dos anos santos Xacobeos.
  • O asesoramento aos distintos departamentos, entidades e comisións da Xunta de Galicia para o desenvolvemento das actuacións que leven a cabo con motivo dos anos santos Xacobeos
Arriba