IGREXA DE SAN ESTEVO DE CESULLAS

Relixioso
1105

Localización

Parroquia: Cesullas (Santo Estevo)

Lugar: Fontenla

15115  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 39.0" N - 8º 55' 05.9" W

Descrición

Igrexa con restos románicos do século XII, pero maioritariamente de estilo barroco. Presenta unha planta de cruz latina, cunha cuberta de cúpulas nervadas nas capelas laterais, bóveda de aresta no presbiterio, volteada sobre pilastras angulares, e bóveda de canón na sancristía, reforzada por dous arcos faixóns sustentados por medio de ménsulas. Muros de cadeirado de granito, recebados nas paredes da capela maior. Na fachada principal ábrese unha porta de entrada alintelada cun frontón partido e sobre el unha fornela. Destaca a grande espadaña con dous vans e rematada por pináculos.

Acceso

Na estrada Ponteceso-Laxe, coller o desvío á esquerda na DP-1406 en Neaño. Seguindo todo recto o seguinte pobo é Cesullas coa igrexa á esquerda.
Arriba
Axúdanos a mellorar!