Anuncio do tribunal de selección polo que se fan públicas as cualificacións das persoas aspirantes que realizaron o terceiro exercicio (proba de idiomas estranxeiros) do procedemento para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación de guías de turismo especializados de Galicia
En sesións que tiveron lugar o 22.11.2019 e o 27.11.2019, o tribunal de selección nomeado para cualificar as probas para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación de guías de turismo especializados de Galicia, en virtude da Resolución do 13 de maio de 2019 pola que se convocan os exames para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación de guías de turismo especializados de Galicia, ACORDOU:
Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que realizaron as probas de italiano, portugués, francés, inglés e alemán, segundo se dispón no documento anexo.
DOCUMENTOS RELACIONADOS...
- Anexo / Documento pdf