Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
O Xacobeo 2027 é unha oportunidade para divulgar a riqueza de valores que engloba o Camiño de Santiago e está concibido, ademais, como un evento participativo, no que teñen un papel importante as achegas da sociedade civil e tecido empresarial como vertebradores territoriais e palanca de desenvolvemento económico, cultural, social e territorial.
Trátase dun evento de alcance internacional para o que se deseña un programa que impulsa a dinamización turística e cultural e que estimula a participación do sector privado nos proxectos relacionados co Xacobeo 2027.
Foi declarado Acontecemento de Excepcional Interese Público aos efectos da aplicación de beneficios fiscais, en virtude do establecido no artigo 1 f do Real Decreto-lei 8/2025, do 8 de xullo. Esta declaración fomenta a participación privada no programa conmemorativo do Xacobeo 2027 e contribúe ao desenvolvemento social e económico. A duración do programa segundo o artigo 2 f abarca do 1 de xullo de 2025 ao 30 de xuño do 2028.
A entidade encargada da execución e programas relacionados co Xacobeo 2027 é a Axencia Turismo de Galicia segundo o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de decembro de 2025. As formas xurídicas mediante as que as persoas físicas e xurídicas poden contribuír á programación do Xacobeo 2027, así como a proxección e mellor visibilidade da marca Xacobeo 2027 son basicamente tres:
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.