11 dec 2019

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2019 do tribunal designado para cualificar o proceso para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación de guías de turismo especializados de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 27 de maio)

Mediante resolución da directora da Axencia Turismo de Galicia elevarase a definitiva a proposta do tribunal das persoas aspirantes que superen os exames establecidos e publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A data prevista de publicación da resolución definitiva no DOG é o 8 de xaneiro de 2020.

A partir desta publicación computarase o prazo de vinte días naturais para que as persoas aspirantes presenten, xunto co modelo normalizado que se inclúe como anexo III desta resolución, e na mesma forma que se indica no punto 4 desta resolución para a presentación das solicitudes, os documentos que se indican na base reguladora 16.3.

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba