Galicia amosou o potencial das súas festas de interese turístico e experiencias diferenciadoras en Turexpo e Festur
Galicia mostró en Silleda todo o potencial das súas festas así como as experiencias turísticas diferenciadoras, no marco do Salón Turístico de Galicia, Turexpo, e a Feira de Festas de Interese Turístico, Festur.
Ambas contaron coa presenza de diferentes empresas do sector e con preto de 30 concellos que promoven diferentes festas de interese turístico das catro provincias galegas.
Na súa vertente profesional incluiu tamén o I Encontro de Bloggers de Turismo. Tamén houbo degustacións e exhibicións de distintas festas de interese turístico presentes na feira.
Masterclass gastronómica
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou os expositor da feira e participou nunha masterclass gastronómica na que a flor da camelia se converteu no ingrediente principal, unha experiencia que serviu para poñer en valor o seu potencial culinario e turístico.
A proposta, a iniciativa do Centro Integrado de FP Carlos Oroza, estaba incluída en Salimat, o Salón de Alimentación do Atlántico que tamén se celebra ata o domingo no mesmo recinto feiral.
Todas estas citas profesionais do turismo e gastronomía galega, celebráronse no marco do 40 aniversario da emblemática Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, en Silleda