24 xuñ 2013

Xornalistas arxentinos visitan Galicia para coñecer a oferta turística da comunidade galega

O grupo de informadores especializados participou nesta viaxe de familiarización organizada pola marca España Verde.

 

A xornalista Anne Bennett do británico Sunday Telegraph visitaou Viveiro (Lugo) e participou na celebración da Noite de San Xoán, na Coruña.

Os xornalistas arxentinos, en Santo André de Teixido.

Catro xornalistas arxentinos, que representan aos medios de comunicación Clarín, Cuisine et vins, Lugares e Travel Magazine, realizaron recentemente unha viaxe de familiarización por territorio galego, ao obxecto de coñecer a oferta turística da comunidade.

 

Os xornalistas arxentinos chegaron a Galicia procedentes de Asturias, nunha viaxe organizada pola marca turística España Verde, integrada por Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.

 

Na súa estadía, que se estendeu ata onte, os xornalistas arxentinos puideron coñecer as Rías Altas, a Costa da Morte, Santiago de Compostela, a Mariña Lucense, as Rías Baixas e a comarca de Deza-Tabeirós.

 

Programa
Os visitantes puideron coñecer a praia das Catedrais, en Ribadeo (Lugo). Ademais visitaron as vilas de Viveiro, Ortigueira e Cariño; o lugar de Santo André de Teixido e a contorna de Víxía Herbeira. Tamén se achegaron ata á cidade da Coruña.

 

Os  xornalistas de Clarín, Cuisine et vins, Lugares e Travel Magazine visitaron tamén a Costa da Morte - Muxía e Fisterra- e Santiago de Compostela.

 

Es grupo de prensa da Arxentina realizou unha visita guiada pola cidade de Santiago de Compostela e visitou o Pazo de Oca, para logo emprender viaxe cara ás Rías Baixas, con parada na praia da Lanzada. Xa na provincia de Pontevedra, realizaron unha visita a Combarro e á cidade de Pontevedra, para logo emprender viaxe cara a Baiona. Trasladáronse tamén á Guarda, con visita ao monte de Santa Trega, tour por Tui, e percorrido pola cidade de Vigo, con visita ao Pazo de Quiñones de León.

 

Sunday Telegraph


Por outra parte, a xornalista británica Anne Bennet, do suplemento Sunday Tlegraph, estivo estes días pasados en Galicia para participar da celebración da Noite de San Xoán na Coruña.

 

Ademais, visitou a vila de Viveiro para recoller material co que elaborará un artigo para a sección do seu medio de comunicación Secret Seaside.

Arriba