27 xuñ 2013

Dous xornalistas holandeses visitan Galicia para coñecer a oferta do Turismo de natureza e o enoturismo

Percorren distintos lugares da Comunidade galega dentro dunha viaxe de familiarización organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España na Haia.

Un equipo de dous xornalistas holandeses, que representan á revista Reizen Magazine, percorren Galicia nunha viaxe de familiarización ao obxecto de coñecer a oferta turística galega.

 

Os xornalistas holandeses vieñen á Comunidade galega para recoller material xornalístico relacionado no Turismo de natureza e o enoturismo, con visitas a distintas cidades e contornos turísticos galegos.

 

Na súa estadía, que se estenderá ata o día 4 de xullo, os xornalistas holandeses poderán coñecer os cantís da costa norte da Coruña, as Rías Baixas, A Coruña, Ourense e Lugo.

 
Programa

Os visitantes puideron coñecer a cidade de Ferrol, a vila de Cedeira, a Serra da Capelada e o santuario de Santo André de Teixido. Tamén visitarán cabo Ortegal, Bares e O Barqueiro.

 

Os xornalistas de Reizen Magazine xa visitaron a Costa da Morte para achegarse ata Cabo Vilán, Muxía, Cabo Touriñán e Fisterra.

 

Este grupo de prensa de Holanda realizou unha visita á fervenza do Ézaro, a praia de Carnota, Muros e Santiago de Compostela.

 

Onte, xa na provincia de Pontevedra, realizaron unha visita ao Salnés, A Lanzada, Combarro e a cidade de Pontevedra.

 

Hoxe, día 2 de xullo, traslado a territorio de Ourense, con visita a Ribadavia e a cidade de Ourense.

 

Mañá, os xornalistas farán un percorrido pola Ribeira Sacra, con visitas a Santo Estevo de Ribas de Sil e outros enclaves salientables desta zona.

 

Xa, o día 4 de xullo, a viaxe destes dous xornalistas pecharase cunha visita a Piedrafia do Cebreiro (Lugo) e o castro de Viladonga, no norte lugués.

Arriba