27 mar 2014

Plan de inspección turística para o ano 2014

O Plan de inspección turística 2014 establece seis liñas estratéxicas e cinco áreas de especial actuación que se dividen en ámbitos concretos relacionados co especial seguimento, co cumprimento da normativa ou coa defensa dos dereitos dos usuarios turísticos

O Camiño de Santiago será obxecto dun seguimento específico, así como as sete grandescidades, as zonas costeiras, as comarcas e os concellos turísticos de interior ou a Ribeira Sacra .

Este plan é unha das accións para impulsar enmarcada na liña estratéxica relacionada co consenso e a cooperación entre o sector público e privado do Plan integral de turismo de Galicia 2014-2016

O Consello da Xunta aprobou hoxe o Plan de inspección turística que estará vixente ata finaisdeste ano 2014. Este plan ten como finalidade primordial protexer as persoas empresarias turísticas, así como as persoas usuarias turísticas, da intrusión profesional e mellorar a calidade do servizo.

A partir deste plan, a Área de Inspección Turística de Turismo de Galicia desenvolverá o
seu labor incidindo nas seis liñas estratéxicas de actuación que se desenvolven nel.

De tal xeito que as liñas de actuación se concretan nos seguintes ámbitos:

1. O relacionado co cumprimento da normativa turística e co correcto funcionamento das actividades e servizos turísticos é a primeira liña estratéxica deste plan.

2. O especial seguimento do Camiño de Santiago

3. As actuacións para evitar as actividades e os servizos turísticos clandestinos.
4. Neste plan tamén se recolle un eixe relacionado coa verificación do cumprimento da finalidade de fondos públicos en materia turística mediante as axudas

5. A defensa dos dereitos das persoas usuarias turísticas

6. A información e asesoramento dos dereitos e obrigas das persoas empresarias.

Cada unha das liñas articúlanse en varios programas específicos de actuación que formarían o corpo do Plan de Inspección para este ano 2014.

Áreas de especial seguimento
No dito plan tamén se determinan diversas áreas de especial actuación na súa execución determinadas pola importancia e incidencia do sector turístico nesas zonas.

Ademais do Camiño de Santiago, as sete grandes cidades da nosa comunidade, as zonascosteiras, os concellos turísticos do interior e a Ribeira Sacra son os lugares establecidos para esas actuacións especiais.

 

Arriba