23 set 2013

Un grupo de axentes do operador británico Frontiers Holidays visitou Galicia para organizar viaxes á nosa Comunidade

A viaxe de familiarización estuvo organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina Española de Turismo en Londres.

 

Ademais, dous xornalistas holandeses percorreron o norte para realizar unha reportaxe sobre itinerarios en tren.

Un grupo de cinco axentes pertencentes ao operador británico Frontiers Holidays visitou recentemente Galicia co obxectivo de recadar información sobre o noso destino turístico ao obxecto de organizar viaxes dende Gran Bretaña á comunidade galega.

 

Os programas de viaxes organizadas que pretende desenvolver este operador turístico relacionados con Galicia, refírense á cultura e á gastronomía.

 
Reizen magazine


Por outra parte, os xornalistas Anne Wesseling e David Tolenaar, da revista holandesa de viaxes Reizen magazine, visitaron o norte da comunidade galega co obxectivo de recadar información sobre percorridos ferroviarios.

 

Na súa estadía en Galicia, os xornalistas estiveron tamén as cidades de Ferrol e Santiago de Compostela.

 

Reizen magazine é unha publicación editada por ANWB, o club do automóbil holandés que conta con 3,9 millóns de asociados. A revista ten unha tiraxe de 45.290 exemplares.

Arriba