04 abr 2014

A Oficina Municipal de Turismo de Lugo e os museos do Concello de Lugo amplían os seus horarios desde o día 1 de abril

Desde o 1 de abril, a Oficina Municipal de Turismo – Centro de Interpretación da Muralla conta con novos horarios:


1) - Nos meses de abril e maio (excepto en Semana Santa) abre cos seguintes horarios:
- Luns, martes e mércores de 11 a 14 e de 16 a 18 horas
- De xoves a sábado de 11 a 18 horas
- Domingo de 11 a 14 horas, agás o día 18 de maio que se celebra o día dos museos e a súa apertura será de 11 a 18 horas .


2) - En Semana Santa (do 14 ao 20 de abril) o horario será:
- De luns a mércores de 11 a 13.30 e de 17 a 19.30 horas
- De xoves a sábado será de 11 a 19.30 horas
- O domingo de 11 a 18 horas.


3) - Nos meses de xuño e xullo o horario será:
- De luns a mércores de 11 a 13.30 e de 17 a 19.30 horas
- De xoves a sábado será de 11 a 19.30 horas
- Domingo de 11 a 18 horas.


A Casa dos Mosaicos tamén terá novos horarios que permitirán aos visitantes e veciños poder visitar este xacemento arqueolóxico:


1) - Do 1 de abril ao 15 de xuño (excepto Semana Santa)
- De xoves a sábado de 11:30 a 13:30 horas e de 17 a 19 horas
- Domingo de 11:30 a 13:30 horas.


2) - En Semana Santa (do 14 ao 20 de abril)
- De martes a sábado de 11 a 13:30 e de 16 a 19:30 horas
- Domingo de 11 a 14 horas.


3)- Do 16 de xuño ao 31 de xullo
- De martes a sábado de 11 a 13:30 horas e de 16 a 19:30 horas
- Domingo de 11 a 14 horas .


No Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) tamén hai novidades pois se amplían as horas de apertura deste xeito:


1) - Durante os meses de abril e maio (excepto Semana Santa)
- De martes a sábado de 16:30 a 20 horas
- Domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.


2) - En Semana Santa (do 14 ao 20 de abril)
- De martes a sábado de 11 a 13:30 horas e de 17 a 19:30 horas
- Domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.


3) - Do 1 de xuño ao 31 de xullo:

- De martes a sábado de 11 a 13:30 horas e de 17 a 19:30 horas
- Domingo de 11 a 14 horase de 17 a 20 horas.


Na Domus do Mitreo mantéñense os horarios de visita que serán de xoves a sábado de 11.30 a 13.30 e de 17 a 19 horas. Os domingos o horario é de 11.30 a 13.30 horas.


San Roque e Porta Miñá:
Destaca a próxima reapertura do Centro Arqueolóxico de San Roque e da Sala de Exposicións Porta Miñá a mediados de abril e poderan visitarse de xoves a sábado de 11.30 a 13.30 e de 17 a 19 horas; e os domingos de 11.30 a 13.30 horas.
 

Arriba