GALICIA EN FITUR 2014 (Madrid, 22/26 de xaneiro)
Stand de Galicia: Situado no Pavillón 9 (parcela 9C05 / 9C07. Superficie de 967 m2.)
Posiciona a marca do turismo galego Galicia, o bo camiño dando a coñecer os destinos, produtos e recursos galegos que compoñen a oferta turística da nosa Comunidade.
As imaxes relativas aos recursos turísticos intégranse no deseño a modo de “scrapbooking” (técnica de personalizar álbums con fotografías, recortes, siluetas, pegado, para crear composición de recordos ou memorias mediante imaxes). Deste xeito, o stand convértese nun gran álbum feito de recortes e fotografías, lembranzas e momentos de Galicia.
Emprégase unha estética “eco” na que se aplican e transmiten valores como a sustentabilidade e a sensibilidade co medio ambiente, xa que se utilizan e ensalzan materiais sen tratamentos e optimizados para a súa reutilización.
O stand de Galicia, punto de encontro para as relacións comerciais dos empresarios e profesionais do sector turístico galego, difunde a oferta turística da Comunidade, mediante a presenza dos seguintes módulos expositivos
- Galicia.
- Establecementos Q de Calidade Turística.
- As catro provincias galegas.
- Turismo de Cidade.
- Camiño de Santiago e VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.
- Experiencias: Camiño de Santiago, Paseando entre Viñedos, Manantiais de Galicia, Turismo Mariñeiro, Santuarios Máxicos, Faros e Praias Salvaxes, Ruta da Camelia, Bosques de Galicia, Patrimonio Oculto e Lugares Únicos. Todos estes produtos dispoñen de paquetes específicos que xa están sendo comercializados.
- Diferentes Presentacións de Produtos, Recursos e Destinos Turísticos de Galicia dirixidos a profesionais do sector e medios de comunicación (ver programación adxunta), durante os tres primeiros días da feira, xornadas dedicadas exclusivamente a profesionais.
- Workshops Hosted Buyers, Turismo de Galicia paticipa neste workshop co obxecto de establecer contactos con operadores turísticos internacionais de mercados de especial interese para Galicia.
- “IV Gymkhana viajera” , actividade dirixida ao público na fin de semana. Trátase dun xogo de pistas cuxo obxectivo consiste en achegar aos visitantes ao stand dun xeito divertido e dinámico: a organización entrega aos visitantes un pasaporte con información do xogo e cunhas pistas coas que os participantes deberán acudir ao stand e cumprir a acción marcada, descubrindo produtos ou recursos galegos representados no stand.
- Con motivo do programa “Fitur Escapadas” para a fin de semana da feria, o stand de Galicia ofrecerá neses días promocións con prezos especiais de produtos turísticos ou escapadas a Galicia presentadas polas axencias de viaxes galegas que se sumaron a esta iniciativa.
- Durante o sábado e domingo terán lugar no stand diferentes Show Cooking de cociña galega, a cargo o dun restaurador do GRUPO NOVE.
- Actuacións a cargo de dous músicos do Axencia Galega das Insdustrias Musicais (AGADIC), con instrumentos tradicionais galegos (gaita, asubío, acordeón, percusión...), que amenizarán o stand de Galicia nas xornadas de sábado e domingo.
DOCUMENTOS RELACIONADOS...
- PROGRAMACIÓN STAND DE GALICIA -FITUR 2014- / Documento pdf