IX xornadas formativas para profesionais do sector turístico sobre o parque nacional marítimo-terrestre das Illas atlánticas de Galicia
Destinatarios e criterios de admisión:
Estas xornadas van dirixidas a técnicos, informadores e guías turísticos con interese en coñecer os valores do Parque Nacional, seu funcionamento e todos os aspectos relacionados coa xestión de visitantes.
No caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas, realizarase unha selección en base aos seguintes criterios: a relación entre o traballo actual do solicitante coa temática das xornadas, a súa profesión, estudos académicos e a orde de chegada de solicitudes; ademais non deberán ter participado en ningunha das anteriores edicións destas xornadas nin no curso de formación de guías do Parque Nacional.
Datas e lugares de celebración:
Venres 4 de abril: Salón de actos do Centro de Visitantes Cambón. C/ Oliva, 3. 36202 VIGO
Sábado 5 de abril: Arquipélago das Illas Cíes. Estación marítima de Vigo.
Número de prazas: 65.
Coordinador: José Antonio Fernández Bouzas, Director conservador do Parque Nacional.
Período de inscrición: dende o mércores 05 ao mércores 19 de marzo de 2014 (ambos incluídos).
Teléfono de información do Parque Nacional: 886 218090.
A listaxe provisional de participantes publicarase na páxina web do Parque Nacional: http://www.parquenacionalillasatlanticas.com o luns 26 de marzo de 2014. As persoas admitidas que finalmente non poidan asistir deberán poñerse en contacto telefónico co Parque Nacional o antes posible a efectos de poder admitir a outros solicitantes que se atopen en lista de espera. O feito de non comunicar con antelación (salvo causas debidamente xustificadas) a ausencia ás xornadas, será tido en conta para a participación en futuras edicións. A listaxe definitiva volverase publicar no mesmo medio o luns 31 de marzo de 2014.
A parte teórica das xornadas completarase cunha visita a un dos arquipélagos do Parque Nacional, co obxecto de contrastar de xeito práctico os contidos tratados na xornada anterior. Débese ter en conta que para poder participar na visita ás illas será requisito indispensable ter asistido á totalidade das actividades programadas. Ao final das xornadas entregarase aos participantes un certificado oficial de asistencia.