Galicia promociónase como destino turístico en Holanda e Finlandia
Ao longo desta semana Turismo de Galicia participará nas feiras Vakantiebeurs, en Utrecht, e Matka, en Helsinki.
Turismo de Galicia inicia o ano coa promoción da Comunidade galega como destino turístico en dúas das principais feiras que se celebran anualmente no norte de Europa.
Así, dende hoxe e ata o día 19 de xaneiro, o Turismo galego promocionarase dentro do certame Vakantiebeurs que terá lugar na cidade holandesa de Utrecht.
Ademais, Turismo de Galicia difundirá os valores turísticos galegos na feira Matka, que se celebra entre os días 16 e 19 de xaneiro na capital finlandesa.
Vakantiebeurs
Vakantiebeurs é o certame turístico máis representativo de Holanda e goza dunha grande popularidade entre os cidadáns holandeses. Este ano celebra a súa 44 edición cunha xornada dedicada exclusivamente a profesionais e outras catro para o público xeral.
Tradicionalmente, esta feira conta con moitos visitantes interesados en Galicia, que mostran a súa intención de visitar a Comunidade galega a curto e medio prazo coa idea de desprazarse en autocaravana.
O Camiño de Santiago segue a ser o produto turístico máis demandado dentro das preferencias dos holandeses que visitan esta feira, que fundamentalmente buscan destinos en España relacionados coa natureza.
Matka 2014
Por outra parte, entre os días 16 e 19 de febreiro, Turismo de Galicia participará na Matka Nordic Travel Fair, un dos principais salóns de turismo do norte de Europa que se celebra no Exhibition & conventión Centre de Helsinki.
A primeira xornada desta feira está dedicada exclusivamente so sector profesional, mentres que o resto dos días, o certame estará aberto ao público xeral.