O Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano estreitan lazos de amizade
Visita do presidente da Xunta a Xapón
No día de hoxe en Xapón, o presidente da Xunta tamén tivo a oportunidade de visitar tres templos representativos na ruta do Kumano, o templo Kumano Hayatama Taisha, o Kumano Nachi Taisha e o Seiganto-ji. “Hoxe puidemos comprobar, unha vez máis, o interese por facer un intercambio cultural e mandar unha mensaxe de que a peregrinación e o turismo relixioso son, sen dúbida, unha actividade importante dentro de toda a industria do turismo”.
Nesta liña, asegurou que temos “unha gran oportunidade para seguir crecendo” porque a conexión de Santiago con Xapón a través de Turquía, mediante o hub de Estambul, supón unha oportunidade para seguir incrementando o turismo asiático. Ao respecto, apuntou que en 2013, 10.000 viaxeiros procedentes de Xapón visitaron Galicia, e que nese mesmo ano 840 xaponeses recolleron a súa compostela. Polo tanto, concluíu, “pensamos que é unha posibilidade para seguir incrementando e un e unha oportunidade para Santiago, para Galicia e para toda a industria do sector turístico”.