17 xuñ 2014

Representantes da asociación de operadores turísticos rusos visitaron Galicia para coñecer a súa oferta e manter reunións cos empresarios galegos

Trasladáronse ás principais cidades da Comunidade e reuniranse cos axentes turísticos galegos en Santiago de Compostela.

A expedición rusa está conformada por directores e xefes de departamento dos principais operadores turísticos agrupados na asociación ATOR
No ano 2013 aloxáronse 8.773 viaxeiros rusos en establecementos hoteleiros en Galicia, un 22, 8% máis que no 2012.

A cifra de pernoitas de viaxeiros rusos en 2013 acadou as 13.914, un 2,8% máis que en 2012.

Nava Castro, nunha presentación a axentes turísticos rusos.

rece representantes dos principais operadores turísticos rusos adheridos á Asociación de Turoperadores Rusos (ATOR) visitaronn estes días a comunidade galega co obxecto de coñecer a oferta turística de Galicia e de manter xuntanzas de traballo cos empresarios turísticos galegos.

Na súa estadía en Galicia, os operadores rusos puideron coñecer as principais cidades galegas, así como as Rías Baixas e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre da Illas Atlánticas de Galicia.

Dentro do programa elaborado por Turismo de Galicia e a Oficina de Turismo de España en Moscova, os trece operadores reuníronse en Santiago de Compostela con representantes galegos do sector turístico e hostaleiro nunha reunión de traballo.

Participantes
Os operadores turísticos rusos que participaron nesta viaxe son TUI Russia, KMP Group, Pegas Touristic, Astravel, Vedi Tour Group, PAC Group, ICS Travel Group, AntAer, Neva, Sanmar, BSI Group, VIP Service e Hotelbook.

Esta viaxe comezou o día 18 de xuño coa chegada dos empresarios turísticos rusos a Santiago de Compostela.

O día 19, os visitantes realizaron un tour turístico pola cidade do Apóstolo para coñecer os principais atractivos turísticos santiagueses. Ademais, visitarán a Catedral, onde poderán ver o Botafumeiro en funcionamento.

Ao día seguinte, logo da xuntanza cos empresarios galegos, os operadores turísticos rusos achegáronsee ata á cidade da Coruña para coñecer a súa oferta turística.

O sábado 21 de xuño estiveron na cidade de Pontevedra e visitarán distintos puntos da Ría, para achegarse logo á praia da Lanzada e O Grove. Ese día visitaron tamén Cambados e a Illa da Toxa.

Ao día seguinte visitaron Baiona e trasladáronse dende alí ata as Illas Cíes, no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Por último, onte, os operadores rusos achegáronse ata o Pazo de Oca.

Mercado ruso en Galicia
No ano 2013 aloxáronse 8.773 viaxeiros rusos en establecementos hoteleiros en Galicia un 22, 8% máis que no 2012. O volume de pernoitas no 2013 acadou as 13.914, un 2,8% máis que en 2012. No primeiro cuadrimestre deste ano, un total de 1.233 viaxeiros procedentes do mercado ruso visitaron a comunidade galega e rexistraron 2.233 pernoitas nos hoteis e pensións de Galicia.

Arriba