14 out 2014

Gran éxito de participación nos actos do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Compostela no seu primeiro ano de celebración

Exposicións como “On the Road” o “Peregrinatio e Novo Apóstol. San Francisco no Camiño de Santiago” superaron os 35.000 visitantes e as 50 visitas guiadas a grupos.

O primeiro Congreso de Peregrinacións e Turismo avalado pola Organización Mundial do Turismo reuniu a 35 poñentes de todo o mundo e máis de 300 participantes.

Na I Travesía Náutica Xacobea participaron 35 embarcacións con máis de 250 navegantes.

VIII Centenario de San Francisco de Asís a Compostela

A participación nos diferentes actos celebrados neste primeiro ano de celebración do VIII Centenario de San Francisco de Asía a Compostela lograron superar as expectativas de Turismo de Galicia.

A celebración de dita conmemoración comezou a mediados do 2013 e celebrarase ata mediados de 2015, un período extraordinario que estase a dedicar ao aniversario da memoria da viaxe de San Francisco e ao seu legado a nivel iconográfico, artístico e de patrimonio inmaterial, así como ás conexións entre a espiritualidade franciscana e a espiritualidade da peregrinación.

O obxectivo principal dos actos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela, que teñen a consideración de Acontecemento de Excepcional Interese Público, é impulsar a dinamización turística e cultural de Galicia a través dos significados e valores da peregrinación xacobea de San Francisco de Asís, un dos grandes personaxes da historia da Humanidade.

A programación do centenario inclúe todo tipo de acontecementos culturais, artísticos e sociais, actuacións de investigación, así como iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ao visitante.

Un evento de alcance internacional que acolle actividades que abarcan diferentes ámbitos: institucional; exposicións; publicacións; música, artes escénicas e audiovisual; congresos e conferencias; deportes e participación cidadá.

Deste modo, o patrimonio cultural, monumental, artístico, histórico, paisaxístico, natural ou literario constitúen o mellor reclamo para achegarse a Galicia durante a celebración deste VIII Centenario.

Primeiro ano de celebración
Desde que comezou a celebración desta efeméride, en agosto de 2013, son moitas as actividades que xa foron celebradas con gran éxito de participación.

Primeiro exemplo de elo é a mostra central da programación do VIII Cententario, a exposición “On the Road”, que foi inaugurada no Pazo de Xelmirez, rehabilitado e acondicionado para a ocasión, o pasado xuño e que xa superou os 43.300 visitantes e as 50 visitas guiadas a grupos de diferentes universidades, colexios, asociacións e outras colectividades.

A mostra contén propostas creadas especificamente para a ocasión, como as que achegan Francis Alÿs, Tacita Dean ou Jimmy Durham; así como obras de recoñecidos artistas, como John Cage, Mario Merz ou Antthony McCall que se adaptan ao proxecto expositivo e que, dada a singularidade do contorno, adquiren unha nova dimensión expresiva. Trátase en todos os casos de creadores de alto nivel, entre os que se atopa tamén unha representación dalgúns dos artistas glaegos de maior proxección internacional, como Jorge Barbi e Antón Lamazares.

Dita exposición de arte moderna é, ata o 30 de novembro, unha parada ineludible para os que visiten Galicia e Compostela.

Outro dos grandes acontecementos organizados neste primeiro ano de celebración, foi o primeiro Congreso de Peregrinacións e Turismo avalado pola Organización Mundial do Turismo (OMT) que reuniu a 35 poñentes de todo o mundo e máis de 300 participantes. Dita cita congresual converteu a Galicia no centro mundial das peregrinacións e afianzou a imaxe da nosa comunidade como referente das peregrinacións, espazo de encontro de culturas e berce de todas as relixións. O Congreso deixou como legado os relatorios de grandes expertos do tema e a Declaración de Santiago de Compostela sobre Turismo e Peregrinacións que sentou as bases a seguir, a partir de agora, neste ámbito.

A I Travesía Náutica Xacobeo encabezou tamén a programación neste primeiro ano. Esta navegación, única en Europa, rememorou tanto a Traslatio del Apóstolo Santiago a Compostela coma a propia peregrinación de San Francisco de Asís. Dúas flotas de 35 embarcacións con máis de 250 navegantes percorreron, nunha viaxe única, máis de 1.500 millas e 12 dos máis importantes portos de Italia, Francia, Portugal e España.

Dos proxectos expositivos do VIII Centenario xa celebrados, tamén cabe destacar a mostra “Peregrinatio e Novo Apóstol. San Francisco no Camiño de Santiago”. Inaugurada no Palazzo Bonacquisti en Asís, o pasado verán, e que puido verse, esta primavera, cunha versión ampliada na cidade compostelá e qie foi visitada por máis de 37.000 persoas.

Outras das exposicións enmarcadas nos actos relacionados coa efeméride que acolleu Santiago foron “Auga Doce”, unha mostra con diferentes expresións artísticas que puido visitarse ata setembro na Cidade da Cultura, e “Il Cammino di Francesco”, unha exposición fotográfica de Steve McCurry que percorría os lugares e espazos sagrados da vida de San Francisco a través dos ollos deste prestixioso fotógrafo da Axencia Magnum.

Proxectos expositivos itinerantes como “Pregrinatio. El Camino de san Francisco a Santiago”, que xa visitou Santiago de Compostela e Rieti (Italia) e agora encóntrase en Viveiro ata o 17 de outubro, “Á Luz do Calixtino. O códice de Santiago”, e “Olladas no Camiño de Santiago”, entre outras, complementaron a programación cultural do centenario durante este primeiro ano.

Así mesmo, actividades musicais e teatrais, como “Cultura no Camiño”, “Música in Peregrinatio”, ou ciclos de cinema de temática franciscana, dinamizaron durante este meses as vilas xacobeas.

Próximas actividades
A celebración do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Santiago continúa ata mediados de 2015.

Entre as actividades programadas para os próximos meses encóntrase o I Cume Internacional de Asociacións Xacobeas que terá lugar os días 23, 24 e 25 de outubro en Santiago de Compostela. Por primeira vez celebrarase un encontro de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago de todo o mundo coa finalidade de compartir información e experiencias, unir criterios e expoñer dificultades, intentando formular ademais, proxectos en común a beneficio do camiño de Santiago.

Tamén, durante os próximos meses, coa colaboración da Universidade de Santiago, desenvolveranse as xornadas “A Conservación do medio ambente, tarefa común”, nas que destacará o estudo e o debate sobre a conservación da natureza, sobre os Camiños de Santiago e sobre a harmonía do territorio co seu desenvolvemento, coa súa vexetación, coa paisaxe rural e urbana, co desenvolvemento e co respecto aos animais. O ciclo deu comezo o 24 de setembro e desenvolveranse ao longo de 20 días dos meses de setembro, outubro e novembro, en vinte concellos doutras tantas bisbarras de Galicia.

Así mesmo, de abril a xuño de 2015, o Pazo de Xelmírez acollerá a exposición “San Francisco e o seu tempo” que destacará o legado franciscano no contexto histórico dos séculos XII-XIII, época da chamada Idade de Ouro das peregrinacións xacobeas, con pezas procedentes de museos de diversas partes de Europa.

Estas e outras moitas actividades continuarán impulsando a dinamización turística e cultural de Galicia a través dos significados e valores da peregrinación xacobea de San Francisco de Asís.

Arriba