01 dec 2014

Santiago de Compostela acollerá o Cumio Internacional de Asociacións Xacobeas os días 23, 24 e 25 de abril de 2015

O xerente do Xacobeo, Rafal Sánchez,  destacou que o Camiño de Santiago está en pleno auxe, “as cifras de peregrinos estanse a incrementar en máis dun 10% con respecto ao pasado ano.

No que vai de ano chegaron a Compostela 235.441 peregrinos, 21.764 máis que no mesmo período de 2013.

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participou na Asamblea de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago que celebrouse na cidade francesa de Longpont-sur-Orge.

Durante a súa intervención, o xerente do Xacobeo sinalou que este ano, ademais do atractivo que o propio Camiño suscita, os peregrinos teñen un motivo especial para a realización da Ruta Xacobea, a celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. Nesta liña, aproveitou a ocasión para invitar a participar a todas as Asociacións de Amigos do Camiño no Cumio Internacional de Asociacións Xacobeas, que se celebrará os días 23, 24 e 25 de abril en Santiago. Rafael Sánchez explicou que é unha cita ineludible para o fenómeno das peregrinacións xa que permitirá compartir información e experiencias, unir criterios e expor dificultades, intentando formular proxectos en común a beneficio do Camiño de Santiago.

O xerente do Xacobeo, agradeceu as Asociacións o seu intenso labor e afirmou que son un piar básico no desenvolvemento e difusión do Camiño de Santiago pola súa labor cultural e o seu traballo altruísta a prol da potenciación e mellora das Rutas Xacobeas. Neste senso, Rafael Sánchez sinalou que para Turismo de Galicia é un obxectivo prioritario apoiar as Asociacións Xacobeas xa que realizan un gran traballo de promoción non só do Camiño de Santiago senón tamén do destino Galicia.

Así mesmo, destacou que o Camiño de Santiago está en pleno auxe, “as cifras de peregrinos estanse a incrementar en máis dun 10% con respecto ao pasado ano”. No que vai de ano chegaron a Compostela 235.441 peregrinos, 21.764 peregrinos máis que no mesmo período de 2013. Rafael Sánchez destacou que o 52,28% do total dos peregrinos que chegaron a Compostela no que vai de ano son estranxeiros. En canto ao Camiño Francés, a ruta máis transcorrida, acolleu no que vai de ano 160.385 peregrinos, o que supón un 68,12% do total.

Esta participación é un contacto máis dos que desde Turismo de Galicia se manteñen de maneira permanente co movemento asociativo relacionado co Camiño de Santiago, que conforman un elemento central na dinamización do itinerario xacobeo e o seu constante crecemento.

Arriba