09 feb 2015

O Centro Superior de Hostaleria de Galicia participa no concurso internacional EmCup por terceiro ano consecutivo

O CSHG participará na final do concurso EmCup 2015 en Maastricht, Países Baixos, xunto con mais de 15 escolas a nivel mundial.

Trátase dunha competición internacional de xestión hoteleira na que participan os alumnos das mellores escolas de Europa co obxectivo de que afloren ideas e experiencias que axuden a mellorar o sector.

Lara Festa, Francisco José Vega e Lucía Rodríguez, que están a cursar o último curso do Diploma Superior en Xestión en empresas hostaleiras, son os tres alumnos que representarán ao Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Esta iniciativa de HotelloTOP converteuse nunha verdadeira institución dende a súa fundación en 2009.

Alumnos de CSHG no EmCup 2015

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) participa un ano máis na EmCup 2015, The European Mise en Place Cup, que terá lugar os días 8 e 9 de febreiro en Maastricht (Países Baixos) .

Trátase dunha competición internacional de xestión hoteleira na que participan os alumnos das mellores escolas de Europa e que pretende que afloren ideas e experiencias que axuden a mellorar o sector.

EmCup reúne así aos estudantes máis destacados, cun gran espírito empresarial e un alto nivel de compromiso de máis de 15 escolas europeas ofrecéndolles a oportunidade de mostrar a súa visión e as súas ideas.

Os obxectivos desta competición internacional son construír relacións, proporcionar unha experiencia práctica, ampliar o horizonte para a educación, construír unha ponte entre os estudantes e os empregadores e vincular aos mozos profesionais á industria.

Lara Festa, Francisco José Vega e Lucía Rodríguez, que están a cursar o último curso do Diploma Superior en Xestión en empresas hostaleiras, son os tres alumnos que representarán ao Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Esta experiencia única que supón participar nun concurso internacional lles permitirá coñecer e intercambiar opinións con outros alumnos. Ademais, terán a oportunidade de facer novos contactos da industria hoteleira a nivel internacional, que lles poderán facilitar oportunidades de futuro no mercado laboral.

Esta iniciativa de HotelloTOP, a organización de redes para os graduados de Escolas de Dirección Hoteleira Internacional e co-creador do Mise en Place, converteuse nunha verdadeira institución dende a súa fundación en 2009.

 

Un centro de referencia a nivel internacional
O Centro Superior de Hostelería de Galicia forma directivos hostaleiros e xestores en cociña cunha metodoloxía moderna e eficaz, coa que o alumnado acada os máis altos niveis de profesionalidade activa na súa futura profesión.

A importancia estratéxica do turismo en Galicia e a necesidade de contar con directivos especializados en xestión hoteleira foron os motivos que levaron ao goberno galego a crear o Centro Superior de Hostalería de Galicia en 1993. Dous anos máis tarde, poríase en marcha o primeiro curso académico.

Desde 1995, ano, o CSHG formou a máis de 2.000 directivos que desenvolven o seu labor en empresas hostaleiras e turísticas de todo o mundo.

Arriba