Un grupo de xornalistas procedentes de Francia, Suecia e Irlanda coñecen estes días a oferta turística de Galicia
Turismo de Galicia celebrrou días pasados tres viaxes de familiarización continuando na súa aposta pola promoción internacional da nosa comunidade.
Nestas viaxes participaron profesionais da comunicación do xornal francés Le Figaro, da publicación sueca Aftonbladet e do rotativo irlandés Irhis Times.
Os cinco xornalistas visitaron distintos lugares da xeografía galega co obxecto de obter información para realizar publicacións relacionadas coa oferta turística galega.
Cinco xornalistas procedentes de Francia, Suecia e Irlanda visitaron os días pasados distintos lugares da xeografía galega co obxecto de recadar información para realizar publicacións relacionadas coa oferta turística da Comunidade galega.
Nestas viaxes, organizadas por Turismo de Galicia, participaron profesionais da comunicación do xornal francés Le Figaro, da publicación sueca Aftonbladet e do rotativo irlandés Irhis Times.
O xornalista de Le Figaro fixoa a súa viaxe por Galicia co obxecto de documentarse sobre as posibilidades que ofrece a Comunidade galega para a práctica da vela e os deportes náuticos.
O xornalista esiveron en territorio galego ata o día 16 de maio e centrou a súa estadía en Sanxenxo e as Rías Baixas, por ser o porto desta vila pontevedresa meta dunha das etapas da regata La Solitaire-Le Figaro que se desenvolverá este verán entre Francia e España.
Por outra parte, entre os días 18 e 22 de maio, dous xornalistas suecas percorreron parte da costa galega para recadar información e realizar unha reportaxe sobre o turismo mariñeiro e a enogastronomía de Galicia.
As dúas xornalistas visitaron na súa estadía a cidade da Coruña, a Costa da Morte e distintos lugares das Rías Baixas.
Por último, dous xornalistas irlandeses chegan hoxe a Galicia procedentes de Asturias para realizar a pé varios tramos do Camiño Primitivo.
Os xornalistas parten da Fonsagrada hoxee maio e chegarán a Santiago de Compostela o día 26 de maio.
Unha importante ferramenta de promoción turística
Turismo de Galicia continúa así coa súa aposta pola promoción de Galicia como destino a nivel internacional esta vez cunha forma de promoción turística baseada no coñecemento ‘in situ’ do destino.
As viaxes de familiarización son unha ferramenta de grande importancia na promoción turística xa que, por un lado, os xornalistas poden prescribir o destino cun mellor coñecemento, e, por outro, supoñen un gran valor publicitario para o territorio receptor xa que os seus atractivos e recursos turísticos son difundidos mediante reportaxes e informacións nos medios de comunicación.
Nesta liña, o pasado ano Turismo de Galicia organizou 17 viaxes de familiarización turística que trouxeron a Galicia un total de 85 xornalistas e turoperadores procedentes do mercado internacional.