Un concerto da banda sinfónica da FGBMP pechou o ciclo ‘Música no Camiño 2016’ Escuchar
Santiago de Compostela acolleu entre os meses de xuño e agosto 24 actuacións doutras tantas bandas galegas de música popular para peregrinos e público xeral
O director do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, e o presidente da FGBMP valoraron moi positivamente o desenvolvemento deste programa musical que ateigou de público a Praza das Praterías as fins de semana destes últimos tres meses
O director do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, e o presidente da Federación Galega de Bandas de Música Popular (FGBMP), Armando Morales, presentaron o último concerto do programa ‘Música no Camiño’ que desde o pasado 4 de xuño propiciou a actuación de 24 agrupacións instrumentais galegas na Praza das Praterías de Santiago ao obxecto de difundir os valores da música popular galega entre os peregrinos, visitantes e público xeral.
Nesta presentación, ademais, o director do Xacobeo e o presidente da FGBMP fixeron un balanzo desta nova edición de ‘Música no Camiño’ que cualificaron de moi positiva, tanto desde o punto de vista do público como do cartel artístico.
Como broche final para este ciclo de concertos instrumentais, o pasado sábado 27 de agosto, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Popular ofreceu unha actuación especial, dividido en dúas partes con referencias ao fenómeno xacobeo.
Programa
Durante a primeira parte desta actuación, a banda da FGBMP interpretou as pezas ‘Fanfarrias xacobeas’, ‘Sinfonietta das cantigas’ e ‘Visións’. Na segunda parte, tocou a composición de Mussorgsky ‘Cadros dunha exposición’.
O director da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Popular foi nesta ocasión David Fiuza, que conta cunha gran experiencia na dirección deste tipo de agrupacións musicais.
Polo que respecta á Banda da FGBMP, esta creouse no ano 2000 como proxecto desta institución para organizar unha gran agrupación bandística que representase artisticamente á entidade, e pola que levan pasado centos de músicos ao longo destes 18 anos. Esta banda sinfónica está formada por intérpretes de diferentes bandas de música federadas cun vínculo común: o amor pola música, a ilusión e o altruismo.
Convenio entre Turismo de Galicia e a FGBMP
O programa ‘Música no Camiño’ ven desenvolvéndose nos últimos anos ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares e que posibilita que nas fins de semana dos meses de máxima afluencia de peregrinos na cidade de Santiago de Compostela se realicen na Praza das Praterías un concerto musical para deleite dos afeccionados e para achegar o coñecemento da tradición musical da nosa terra aos peregrinos.
Este ciclo de ‘Música no Camiño’ favorece un achegamento da cultura popular e tradicional de Galicia aos milleiros de peregrinos se achegan á capital de Galicia nestas xornadas. A presenza neste ciclo que coordina a Federación Galega de Bandas de Música Populares é sempre moi ben polas agrupacións musicais.
As bandas que actuaron este ano no ciclo ‘Música no Camiño’ foron a Banda de Música da UVCD de Candeán, a Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, a Banda de Música da Vertula, a Banda de Mmúsica cultural de Teo, a Banda de Música de Arzúa, a Banda de Música Agrupación Musical de Vincios, a Banda de Música Escola de Música Unión Cultural de Campolameiro, a Banda Municipal de Música de Brión, a Banda Municipal de Música de Ribadeo, a Unión Musical de Valadares, a Banda de Música de Vilaboa, a Banda de Música de Salcedo, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, a Banda de Música de Solfa, a Banda de Música Popular de Rubiós, a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, a Agrupación Musical de Abegondo, a Banda de Música de Visantoña, a Banda de Música Sementeira de Cambre, a Banda de Música de Catoira, a Banda de Música Popular de Moaña Airiños do Morrazo, a Banda de Música Unión de Lantaño, a Agrupación Musical da Limia, a Banda Municipal de Música de Boiro e pechará o ciclo o vindeiro sábado, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares.