Un total de 15 cadeas hoteleiras realizan 250 entrevistas de traballo nun Workshop no Centro Superior de Hostalería de Galicia
Trátase da décima edición do workshop organizado polo Club de Antigos Alumnos do Centro
O obxectivo do encontro é que os profesionais formados no Centro consigan novas oportunidades no mercado laboral e colaborar, a súa vez, na mellora do sector turístico coa achega do persoal cualificado
A experiencia do evento mostra un alto porcentaxe de contratación constituíndo unha oportunidade única para o acceso ao mercado laboral
O Centro Superior de Hostalería de Galicia celebrou o Workshop do Club de Antigos Alumnos que neste ano contou coa participación dun total de 15 cadeas hoteleiras e empresas do sector turístico.
Os responsables de Recursos Humanos de Hospes Hotels, Palladium Hotel Group, Oca Hotels, Mandarín Oriental, Ibiza Bay Resort, H10 Hotels, Hoteles Santos, Accor Hoteles, Grupo Hotusa, Iberostar, NH Hotels, Meliá Hotels, Jumeirah e Ibérica Restaurants realizaron un total de 250 entrevistas aos alumnos do CSHG que xa finalizaron os seus estudos así como a aqueles que buscan novo retos laborais.
O obxectivo é que os profesionais formados no Centro consigan novas oportunidades no mercado laboral e colaborar, a súa vez, na mellora do sector turístico coa achega do persoal cualificado.
A experiencia do evento, que celebrou neste ano a súa décima edición, mostra un alto porcentaxe de contratación. Algúns alumnos participantes xa conseguen o contrato no mesmo encontro, outros durante o próximo mes e outros cando aparece unha vacante que se adapta ao perfil do solicitante.
Os alumnos consideran o workshop como unha oportunidade única para o seu acceso ao mercado laboral e as empresas mostran gran interese pola celebración deste evento xa que lles permite atopar moitos candidatos e perfiles profesionais diferentes nun solo día.
Esta iniciativa súmase ás numerosas oportunidades que brinda o Centro Superior de Hostalería de Galicia aos seus alumnos xa que a metodoloxía utilizada neste centro educativo, que integra en cada curso as ensinanzas teóricas coa parte práctica, contribúe á incorporación inmediata dos alumnos ás empresas turísticas ao rematar os estudos.