Caldas de Reis e Cuntis converteranse nas capitais do termalismo estatal cun novo encontro das vilas termais
A directora de Turismo de Galicia participou na duodécima edición deste encontro inauguración do encontro e na mesa redonda Políticas Públicas en Turismo de Saúde que se celebrara durante o mesmo
Os concellos de Caldas de Reis e Cuntis acolleron a duodécima edición do Encontro de Vilas Termais, organizada pola Xunta de Galicia, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Deputación de Pontevedra.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do encontro así como na mesa redonda Políticas Públicas en Turismo de Salud que se celebrara durante o mesmo.
As xornadas, nas que estiveron presentes representantes de institucións públicas e vilas termais a nivel galego, estatal e internacional, con presenza de autoridades portuguesas, e tamén profesionais ligados ao termalismo, farase fincapé en aspectos como a necesidade da internacionalización dun sector que precisa a alianza entre as institucións públicas e o sector privado para a súa correcta promoción.
Sector á alza
O turismo termal leva en alza dende o ano 2011, crecendo en Galicia un 40% en 2016 e con Pontevedra, a segunda provincia con máis recursos termais unicamente por detrás de Barcelona, tamén dentro desta tendencia.
Durante o encontro, as persoas asistentes coñecerán algúns dos recursos naturais e patrimoniais máis importantes da provincia de Pontevedra, como os xardíns do Castelo de Soutomaior, o xacemento arqueolóxico da Lanzada ou os cascos históricos de Combarro, en Poio, e Pontevedra.
Ademais, o sábado terá lugar a Asemblea da Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais onde, entre outros asuntos, se escollerá a súa nova xunta directiva.